Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe ao gañador da medalla de prata na XXVI Olimpiada Galega de Química


# Luns, 09/03/2009


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • XXVI Olimpiada Galega de Química
  • XXVI Olimpiada Galega de Química

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron na Casa do Concello ao xoven lucense gañador da medalla de prata na XXVI Olimpiada Galega de Química celebrada no mes de febreiro, David Gómez.

O estudante de segundo de Bacharelato do Colexio Fingoi explicou aos asistentes ao acto a súa preparación para esta competición, así como o desenvolvemento das proba que constou de dúas partes: unha de problemas e outra de cuestións teóricas e un experimento.

O Alcalde resaltou á satisfacción de recibir no Concello aos mozos que levan o nome de Lugo fóra dos seus límites e que poden servir de modelo para o resto da mocidade. Por iso, López Orozco deulle a noraboa en nome da Corporación e en nome da Cidade.

O Alcalde animou ao xoven lucense a seguir a traballar para acadar todas as metas que se poña como obxectivo.

Como recordo da súa visita o Alcalde entregoulle unha peza de artesanía e dous libros publicados polo Concello.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova