Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Celébrase a primeira xuntanza da Comisión de seguemento da reestructuración da Policía Local


# Luns, 09/03/2009
O Concelleiro de Protección da Comunidade valora positivamente os resultados da reforma

Imaxe Asociada Rabade

A primeira xuntanza da Comisión de seguemento da reestructuración da Policía Local celebrouse na Casa do Concello hoxe, luns 9 de marzo. O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, deu conta dos asuntos incluídos na orde do día desta xuntanza na que participaron representantes sindicais de UGT, Candidatura Independente e CIG.

A Comisión centrouse na análise de tres temas principais relacionado coa cobertura das prazas derivadas da reestructuración deste corpo de seguridade local:

- A cobertura de prazas de subescala facultativa
- A cobertura das prazas de axentes de mobilidade
- As bases para a integración dos auxiliares da policía local.

O Concelleiro resaltou a importancia de desenvolver estes puntos, xa que serán os que den as pautas para a modernización da Policía Local de Lugo.

Ademais, a Comisión decidiu estudar a adaptación da xornada laboral da Policía Local á aplicación do sistema de control de presenza que proximamente será instalado nos diferentes edificios municipais.

Balance positivo
Por outra banda, o Concelleiro realizou un balance moi positivo dos resultados que está a ter a reestructuración do Corpo de seguridade.

- Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial: O Concelleiro indicou que esta unidade realizou a pasada semana dous controis de radar en diferentes puntos da cidade: un na noite do 2 de marzo no que se controlaron un total de 428 vehículos dos que foron denunciados 3, e o martes 3 de marzo, no que se controlaron 624 vehículos dos que foron denunciados 14.

O Concelleiro lembrou que máis do 80% dos compoñentes da agrupación de tráfico e seguridade vial están en posesión da certificación para a realización de controis electrónicos de tráfico vial cos equipos Multanova 6F-MR con Cámara dixital Smartcam (estático - dinámico).

Por outra banda, esta unidade de tráfico e seguridade vial realizou esta fin de semana controis de alcoholemia a 42 conductores dos que 2 deron resultado positivo polo que se elaborou a correspondente denuncia administrativa .

- Patrulla Verde.- Durante a fin de semana do 6 ao 8 de marzo os compoñentes desta unidade realizaron un total de 6 denuncias a locais de hostalería da cidade por incumprimento de horario, portas abertas con música excesivamente alta e organizar festas en locais sen licenza municipal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova