Imprimir

MÁIS DE 90 CENTROS PARTICIPAN NO CIRCUÍTO DE FESTIVAIS DE TEATRO GRECOLATINO DE ESPAÑA


10/3/2009 Organizado pola Concellería de Educación conta cun programa de seis obras teatrais

A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España

Nesta ocasión Lugo contará con seis actuacións teatrais, se veñen desenvolveldo dende o luns día 9 de marzo e que se alongarán ata o mércores día 11.

Os alumnos de máis de 90 centros escolares de toda a provincia asistirán ás representacións, que terán lugar ás doce da mañá e ás cinco da tarde no Auditorio Gustavo Freire.

As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria, concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.

O luns representouse Bacantes de Eurípides  (Grupo “Hynos” do IES Francisco de los Ríos, Fernán Núñez, Córdoba) e Lisístrata, de Aristófanes ( Grupo “Hynos” do IES Francisco de los Ríos, Fernán Núñez, Córdoba).

Na xornada de hoxe tivo lugar a representación de Antígona, de Sófocles  (Grupo “Balbo”, do IES Santo  Domingo de Puerto de Santa María, Cádiz) e pola tarde, ás 17:00 horas o mesmo grupo teatral representará Mostellaria de Plauto.

Porán o punto e final o grupo Prospón do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, con dúas representacións, Nubes de Aristófanes pola mañá e Miles Glorious de Plauto pola tarde.

O Concello de Lugo participa nos últimos anos neste ciclo que destaca pola profunda implicación dos centros no mesmo, na faceta de público e tamén na de actores.

O programa oferta para os alumnos que acuden doutras cidades unha visita á cidade de Lugo que inclúe os seus monumentos, museos e arredores.