Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio de colaboración para a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero


# Mércores, 11/03/2009
O Goberno Local continúa co seu compromiso polo estímulo do emprego

Imaxe Asociada Convenio Mulleres

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e Antonio Campanón Sanjurjo, representante da E.I.L INSERGAL S.L., asinaron un convenio de colaboración para facilitar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero.

O obxectivo é a consecución da formación, asesoramento e emprego para acadar a inserción laboral do colectivo de vítimas da violencia de xénero adscritas á Concellería de Muller e Benestar Social.

O Alcalde destacou “o labor social da empresa ao empregar a mulleres vítimas da violencia machista que poden ver no seu traballo un modo de recuperarse e acadar de novo a súa liberdade”.

Coa firma deste convenio o Concello de Lugo comprométese a poñer en contacto, ao grupo de persoas usuarias dos servizos da Concellería de muller coa sociedade mercantil E.I.L INSERGAL S.L.

Pola súa banda, a empresa de inserción laboral comprométese, para a cobertura de vacantes en Cátering Insergal, a  incorporar ao proceso selectivo, e para o caso de ser contratadas, administrar formación, asesoramento e emprego ás persoas usuarias destes servizos co fin de posibilitar a súa plena inserción no mercado de traballo.

A duración deste convenio de colaboración será ata o 31 de decembro de 2009, e poderá prorrogarse por acordo dámbalas dúas partes.

Coa sinatura deste convenio demóstrase unha vez máis o compromiso do Concello de Lugo co estímulo do emprego, a forte aposta do Goberno Local en políticas de fomento do emprego ao longo do ano 2009, para tratar de paliar os efectos da crise entre os lucenses.

Estas accións teñen como foco principal o Espazo>Lab, que foi inaugurado en setembro no CEI, e que acolle distintos programas para activar e facilitar o acceso ao mercado laboral dos lucenses que o precisen.

Entre eles está Lugo, emprego activo, un plan integral de inserción sociolaboral que a través de itinerarios personalizados, capacíta ás persoas beneficiarias para integrarse de maneira máis eficaz no mercado de traballo. No programa inclúense melloras de habilidades, búsqueda de emprego, talleres, accións formativas, prácticas en empresas, e todo iso baixo a orientación, titorización e intermediación laboral ao longo de todo o proceso.

O Concello continúa tamén co programa Lugoqualitas, a través do que a mocidade lucense pode acceder a realizar prácticas en empresas de Italia e Polonia, permitíndolles aprender outros idiomas e coñecer de primeira man o funcionamento das empresas europeas.

No mes de novembro púxose en marcha o programa de emprego Lugo Contigo dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o índice de  desemprego neste colectivo. A través deste programa lévanse a acabo itinerarios persoalizados de emprego co fin de acadar a inserción laboral: orientación laboral, tutorías e apoio persoalizado. Os beneficiarios teñen a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardiñería, limpeza, servizos sociais... As empresas que participan neste programa de emprego comprométense a contratar a un tercio dos participantes como mínimo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova