Cargando....
Concello de Lugo
05/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Publicadas no BOP a apertura do procedemento de adxudicación de tres obras máis do Fondo Estatal de Investimento Local


# Xoves, 12/03/2009
Anúnciase a licitación gardería municipal de San Fiz, a peonalización de Frigsa e a urbanización da primeira fase de Monte Adario

O Boletín Oficial da provincia de Lugo publicou hoxe, xoves 12 de marzo, a apertura do procedemento de adxudicación de tres obras incluídas entre os 79 proxectos do Concello de Lugo do Fondo Estatal de Investimentos Locais do Goberno para o ano 2009.

Publicouse a apertura do procedemento de adxudicación da construción dunha gardería municipal no barrio de San Fiz, na parcela 10-C do Plan Parcial de Ordenación do Sector Sur K. O orzamento máximo do contrato será de 630.00 euros e o prazo de execución de 8 meses. Esta nova escola infantil sumarase á escola Infantil de Serra de Outes, á de Fontiñas que comezará a funcionar en pouco tempo, á da Piringalla, e á do Ceao que está recollida nos orzamentos do 2009.

Outra das obras publicadas é a peonalización do Parque de Frigsa, Fase 1,que conta cun orzamento máximo de 687.000 euros. Proxéctase a pavimentación dos viais duns dos maiores parques urbanos da cidade co obxectivo de humanizar o contorno convertíndoo nun parque peonil.

Tamén se anuncia a licitación da urbanización da fase 1 da rúa Monte Adairo do barrio de As Gándaras, que conta cun prazo de execución de 6 meses e un orzamento de 344.791 euros. O acondicionamento deste espazo inclúe a renovación de todos os servizos básicos e executarase unha nova sección de rúa adecuada ao planeamento e normativa de supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén se dotará de mobiliario urbán á zona de actuación.

Coa execución destes proxectos o Goberno Local pretende mellorar o conxunto do Concello, beneficiando aos veciños e veciñas de todos os barrios atendendo ás súas necesidades reais.

No último número do BOP publícase tamén a modificación do prego de cláusulas administrativas particulares, o gasto, a adxudicación por procedemento aberto e tramitación urxente, así como a apertura do procedemento de adxudicación, para a realización das obras de construción dun novo ximnasio nas instalacións deportivas do parque de A Milagrosa, concretamente a redacción das cláusulas sexta e décima dos pregos de condicións.

Coa publicación da apertura do procedemento de adxudicación destas obras continúase a dar todos os pasos para ter unha gran inversión na cidade, para crear un maior equilibrio entre os barrios e entre o urbano e o rural; pero, sobretodo, para garantir arredor de 400 postos de traballo en obra pública municipal que propiciarián estas obras en Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova