Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo promociona o seu turismo na feira internacional de Milán


# Xoves, 12/03/2009
A cidade tivo unha acollida moi boa entre o público asistente á cita italiana

Do 19 ao 22 de febreiro Milán acolleu un ano máis unha nova edición da “Borsa Internazionale del Turismo” na que a cidade de Lugo participou como expositor de Turespaña acompañado por Turgalicia,  Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago.

Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira e os profesionais do sector, como empresas especializadas en viaxes, na organización de eventos e páxinas web relacionadas co mundo do turismo. Entre a oferta turística, espertaron un gran interese a Pequena Guía de Lugo o folleto Lugo Muralla Patrimonio da Humanidade, a Rede de Sendas, a gastronomía e os aloxamentos da cidade.

Durante os catro días que durou a BIT, Turismo de Lugo recibiu aproximadamente unhas 2.000 consultas de información. O evento rexistrou unha alta participación, este ano recibiu un total de 150.000 visitantes.

A gran repercusión da feira de Milán a convirte no escenario perfecto para dar a coñecer os atractivos da cidade, que acude ao encontro cun variado material promocional da súa oferta turística.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova