Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 200 atletas participarán no XIX Duatlón Cidade de Lugo


# Venres, 13/03/2009
Terá lugar o vindeiro domingo, 15 de marzo, no Pazo de Feiras e Congresos

Imaxe Asociada Duatlon

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Francisco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón, e José Fernández, en representación da asociación deportiva Fefeme, presentaron hoxe o XIX Duatlón Cidade de Lugo que terá lugar na cidade o vindeiro domingo, 15 de marzo, e que se desenvolverá nos arredores do Pazo de Feiras e Congresos.

Esta proba encádrase no Circuíto Galego de Duatlón e contará coa participación dun total de 208 duatletas femininas e masculinos, así como dunha ampla representación dos clubes Galegos.

O edil destacou que este campionato está plenamente consolidado e xa é unha referencia dentro do mundo do atletismo “capaz de atraer aos mellores representantes desta disciplina”, ademais lembrou que “por terceiro ano consecutivo dedícase á memoria do corredor lucense Alejandro López”. A organización corre a cargo da Federación Galega de Tríatlon e pola Asociación Deportiva Fefeme e conta coa colaboración do Concello de Lugo.

Os atletas terán que competir en dúas carreiras sobre distancia sprint (5 quilómetros a pé -20 quilómetros bicicleta-2,5 quilómetros a pé ) nun circuíto sinalizado que comezará e rematará no Pazo de Feiras .

Horario:

As 10:00.- Saída feminina.
As 10:10.- Saída masculina de categorías.
As 11:30.- Saída masculina (elite).

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
Premios económicos
1º clasificados Abs. masculino e feminina: 180,00 €
2º clasificados Abs. masculino e feminina: 120,00 €
3º clasificados Abs. masculino e feminina:  80,00 €
1º clube masculino e feminino: 150,00 €

Tódos os deportistas que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do XIX Duatlón Cidade de Lugo

Normas de competición
A carreira rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Triatlón.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova