Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.500 atletas participarán na cuarta proba do Corre Con Nós


# Venres, 13/03/2009
O circuito terá lugar na estrada do Río Rato

O vindeiro sábado 14 de marzo terá lugar a cuarta proba do circuíto Larsa Corre con Nós que transcurre íntegramente pola estrada do Paseo do Rato adoptando distintas distancias en función das categorías dos corredores e das corredoras.

A saída e a meta estarán situadas no extremo da estrada do Rato que conflúe coa Nacional VI, dende donde sairán as diferentes categorías.

A primeira das carreiras corresponderá a categoría A que percorrerá una distancia de 800 metros. As seguintes carreiras sairán en función do remate das inmediatamente anteriores, de xeito que o resto das distancias serán para a categoría B de 2000 metros ,as categorías C e D 3000 metros e a carreira dos adultos discorrerá polo asfalto cunha distancia de 6000 metros dentro dun circuíto de 3000 metros de ida e o mesmo de volta, pasando por un punto de control.

O aparcamento para os atletas estará situado na explanada do Pazo Universitario xunto das pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. O corte do tráfico na Estrada do río Rato está previsto entre as 16:00 e as 18:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova