Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprobada a dirección de obra de seis proxectos incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local


# Luns, 16/03/2009
A escola de Santa Comba, a Casa da xuventude e a Escola Infantil de San Fiz ou a remodelación das pistas de tenis de Frigsa son algunhas das obras

Imaxe Asociada

A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou a contratación do servizo de dirección de obra e o estudo de coordinación e seguridade de obra de seis proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local:

- Por un importe de 12.296 euros para a obra de acondicionamento da Escola de Santa Comba. O centro pertence a un programa de construción de escolas unitarias dos anos sesenta. Na actualidade emprégase como local da parroquia, pero é precisa unha rehabilitación que contará cunha partida de 200.000 euros do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

-  Un total de 33.986 euros para a dirección de obra e o estudo de coordinación de seguridade e saúde da obra da Casa da Xuventude en San Fiz.

- Para a Escola Infantil de San Fiz por 30.856 euros. Este novo centro estará situado   na parcela 10-C do Plan Parcial de Ordenación do Sector Sur K e contará cun orzamento máximo para a súa construcción de 630.00 euros. Esta nova escola infantil sumarase á de Serra de Outes, á de Fontiñas que comezará a funcionar en pouco tempo, á da Piringalla, e á do Ceao que está recollida nos orzamentos do 2009.

- Para a mellora das instalacións eléctricas dos CEIP públicos por un importe de 1.478,99 euros.

- Para a construción dun novo ximnasio nas instalacións deportivas de Frigsa por un importe de 9.589, 42 euros. Este novo espazo deportivo terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados, e ubicarase anexo ás pistas de tenis de Frigsa. Será un centro deportivo municipal de uso polivalente, aínda que, fundamentalmente, busca dar cobertura á práctica deportiva das escolas municipais. Conta cun orzamento de 329.809 euros, do Fondo Estatal.

- Para a remodelación das pistas de tenis do Parque de A Milagrosa  por un importe de 4.441,95 euros.

Zona Rural
Por outra banda, realizaranse melloras na zona rural por valor de 199.617 euros que inclúen o arranxo de camiños e da capa de rodadura das seguintes vías:

- Camiño dende a antiga escola ao núcleo de Vigo e dende iste á C.P. 29-3 (Parroquia de Vilachá de Mera).
- Mellora de capa de rodadura no acceso dende a ctra. D.P. 29-7 en Ventosinos á igrexa parroquial.
- Mellora de rodadura no acceso dende a ctra. de Ombreiro á urbanización “O Salete”.
- Mellora da capa de rodadura no acceso dende Ventosinos á escola de Coeses.
- Arreglo camiño dende o paso elevado da autovía á igrexa parroquial de San Mamede dos Anxos.
- Arreglo de camiño dende a antiga C-630 ao campo da festa pasando pola antiga escola parroquial (parroquia de Romeán).

Educación
A Xunta de Compras aprobou tamén o investimento de 13.287,09 euros para a realización do programa Hortas na Escola. Desenvolvido pola Concellería de Educación, este proxecto permite aos alumnos e alumnas de educación infantil ver como medran as plantas grazas ao seu propio esforzo, recoller as colleitas para o seu consumo, coidar dos cultivos, etc.

O obxectivo é achegar aos participantes aos ciclos naturais das prantas, das estacións, do día e a noite, do clima, así como desenvolver a súa capacidade de observación e investigación no contorno. Tamén se pretende que os máis cativos participen en actividades de traballo en grupo, de xeito organizado e democrático, potenciando a autonomía persoal, a iniciativa, os comportamentos reponsables e comprometidos no coidado das plantas e do horto. Ademais os alumnos e alumnas poden coñecer os diferentes cultivos e a correcta utilizaciín de ferramentas diferentes ás de uso cotiá.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova