Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Urban de Lugo pon en marcha axudas para os comerciantes e hostaleiros por un importe de 300.000 euros


# Martes, 17/03/2009
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Economía e Emprego explicaron as medidas na Mesa Local de Comercio

Imaxe Asociada

As axudas da primeira fase poderánse solicitar ata o 17 de abril deste ano

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informaron sobre a convocatoria de subvencións que fai o Plan Urban de Lugo aos hostaleiros e comerciantes da zona centro.

Trátase dunha liña de axudas que permitirá unha inxección económica para todos aqueles hostaleiros e comerciantes da zona Urban que as precisen nun momento de crise coma o actual.

Plan Urban

Pon en movemento 300.000 euros para a mellora de aspectos que condicionan en gran medida a paisaxe urbana das rúas máis comerciais do recinto histórico, que son as que engloba o Plan Urban.

O Alcalde de Lugo, destacou a importancia desta zona para o resto da cidade, xa que se trata dun importante motor económico e dun atractivo central para o turismo. “As melloras desta zona sempre repercutirán positivamente na economía lucense, por iso é importante incentivar a mellora estética do centro”.

O Concello pon así en marcha unha liña de financiamento a fondo perdido para a adquisición de mobiliario para as terrazas, instalación ou cambio de rótulos e toldos de locais de negocio e a remodelación de fachadas.

Actuacións
As actuacións divídense en tres liñas:

- Liña A: Mobiliario de terrazas: adquisición  de mobiliario destinado ás terrazas dos establecementos hostaleiros, incluíndo mesas, sillóns, calefactores, elementos de división, parasoles e toldos.

A Oficina de Urban seleccionou de forma consensuada, uns modelos tipo cunhas características definidas e que permitirán o acceso a persoas con diversidade funcional.

Plan Urban

-Tamén fixa os elementos de división ou cortaventos. Terán perfiles a xogo co modelo de mesa e sillón elexidos, con cristais de seguridade en toda a súa altura.

- Toldos: Urban subvencionará a instalación completa (estrutura e tela) ou só a sustitución da tela.

- Sombrillas: serán cadradas ou rectangulares, sen chafláns nin faldóns. A cor que se consensuou cos beneficiarios das axudas foi a cor area, empregada en numerosas cidades de Galicia e de fóra dela.

Plan Urban

- Liña B: Rótulos e toldos de fachada: Instalación ou cambio de rótulos e anuncios de locais en planta baixa que dean á vía pública Non se subvencionarán banderolas (anuncios perpendiculares ao plano de fachada). A concesión da axuda leva consigo o compromiso de non instalar os elementos non subvencionados (iluminación e banderolas) no prazo mínimo de catro anos.

- Liña C de Fachadas: Inversións para a adecuación de fachadas de locais de negocio accesibles e visibles desde a rúa, situados en planta baixa aínda que a intervención se pode estender a pisos superiores se a actividade ocupa todo o edificio ou unha parte que poida ter un tratamento independente.

A axuda será do 50% do total dos gastos para as pequenas empresas e do 40% para as medianas, sendo o importe máximo da axuda de:

Liña A: Importe máximo de 8.000 euros

Liña B: Importe máximo da axuda de 4.000 euros

Liña C: Importe máximo da axuda por metro cadrado de fachada tratada de 150 euros.

Cada local poderá percibir unha axuda máxima de 10.000 euros

Os prazos, divídense en tres fases ata o 17 de abril de 2009 nunha primeira fase, ata o 19 de xuño na segunda e ata o 2 de outubro na terceira.

Plan Urban
Lugo conseguiu o Urban o pasado 11 de xuuño, e fíxoo na súa cantidade máxima: algo máis de 16 millóns de euros, procedentes do propio Concello, dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional, FEDER e de aportacións da Deputación Provincial de Lugo e da Xunta de Galicia.

O obxectivo que se marcou dende o principio foi revitalizar e dinamizar o centro histórico e recuperar un edificio emblemático da cidade como é o vello cárcere.

A obtención do Urban foi motivo aínda de maior satisfacción para Lugo, se temos en conta que das 102 cidades que se presentaron só 43 o conseguiron, e o de Lugo foi considerado como un dos proxectos mellor valorados de entre todos os presentados. Sen dúbida, un recoñecemento ao esforzo e traballo conxunto de todas e todos os lucenses.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova