Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado elixe aos gañadores da XI edición do certame de narración curta Ánxel Fole


# Martes, 17/03/2009
Presentáronse 31 obras en galego e 53 en castelán

Imaxe Asociada

O xurado do premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, elexiou hoxe aos dous gañadores nas dúas categorías. Nesta décima edición presentáronse ao concurso de narración curta 31 obras en galego e 53 en castelán.

Na categoría de castelán resultaron gañadores:

1.-Saturnino Valladares López, de Lugo, pola obra Mujeres para entretener a un preso.

2.- José Manuel Moreno, de Madrid, polo relato El animal.

Na categoría de galego o xurado recoñeceu o traballo de:

1.- Xoán Xosé Piñeiro, de Salcedo, Pontevedra, pola obra O valedor.

2.- Martiño Maseda, veciño de Vilalba, pola obra A endeble esencia.

O certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías.

O certame está xa consolidado como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que é moi elevado todos os anos. De feito, esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional.

Para darlle máis relevancia ao premio, e seguindo o costume dos últimos anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior distribución ás obras.

O xurado da categoría de galego estivo formado por Iago Rodríguez Yáñez, filólogo , o poeta Xavier Rodríguez Barrio e o periodista e poeta Carlos Vázquez González. Do traballo gañador destacaron “a uniformidade da súa narrativa que consegue manter o interese do lector ata o final, así como a riqueza do seu léxico para tratar a historia un enfermo psiquiátrico que se toma a xustiza pola súa man”. Do segundo clasificado destacan a súa forza narrativa.

Na categoría de relatos en castelán actuaron como xurado Teresa Gómez Senra, escritora, Jesús Varela Zapara, profesor da Facultade de Humanidades, e o tamén escritor Xoán Ramón Díaz Sánchez. Do gañador do certamen valoraron a súa riqueza no manexo do idioma, a súa capacidade narrativa para a recreación de ambientes mesturada cun gran lirismo. Do segundo clasificado destacaron a súa capacidade lingüística e para desenvolver un tema de gran grudeza como son os malos tratos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova