Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo investiu case un millón e medio de euros nas principais obras de accesibilidade da cidade


# Mércores, 18/03/2009
O Alcalde, a Concelleira de Benestar Social e o responsable de Medio Ambiente visitaron algunhas destas obras que acaban de rematar

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron hoxe as dúas últimas obras de accesibilidade realizadas na cidade.

A primeira visita foi ao novo ascensor do aparcadoiro da Praza da Constitución. Un compromiso adquirido pola responsable de Benestar Social que permite que os tres aparcadoiros públicos do centro sexan accesibles.

Accesibilidade

Ao da Praza da Constitución hai que engadirlle o de Santo Domingo e o da Praza do Ferrol -57.000 e 59.000 euros- que están en funcionamento dende finais do 2007.

A obra, que contou cun orzamento de 43.250 euros,  inclúe a instalación de ascensor que dea servizo ás dúas plantas do aparcadoiro e que as comunica co exterior. Foron adaptados e reformados os aseos para uso de persoas con discapacidade -son 4 aseos- e  habilitáronse 5 prazas destinadas a persoas con discapacidade, reservando as máis próximas ao ascensor -o mesmo sucede no da Praza do Ferrol-.

A segunda visita foi ata a rampa de acceso para persoas con discapacidade á zona de pesca xunto á ETAP preto da ponte entre Meilán e Adai. Trátase dunha obra promovida pola Concellería de Medio Ambiente para habilitar un acceso en forma de rampa á zona de muelle que xa está executada.

Para iso constrúese unha rampa de acceso paralela á estrada e cunha pendente axeitada para posibilitar o acceso dunha cadeira de rodas ata a zona de pesca. Para realizala houbo que demoler as escaleiras e suplementar con zahorra e formigón ruleteado para acadar a altura axeitada. Fixose tamén un muro de formigón na zona da estrada para sostela e instalouse unha baranda de aceiro en toda a marxe do río por motivos de seguridade.

O obxectivo é que sirva como zona de pesca a todas as persoas que non podan desprazarse polas marxes do río para levar a cabo esa actividad

O orzamento desta obra foi de 57.000 euros e levouno a cabo a empresa Portosar Galicia SL

Case un millón e medio en obras de mellora da accesibilidade
As obras de accesibilidade no viario do Concello de Lugo comezaron no ano 2003, e dende aquela xa se puxeron en marcha IV fases. Fíxose mediante un Convenio de colaboración subscrito entre o Concello, o Imserso e a Fundación ONCE.

A supresión de barreiras concrétase na posta en marcha das seguintes actuacións:

-           Instalación ou reforma de vados peonís nas súas diferentes tipoloxías.
-           Eliminación nas beirarrúas de obstáculos de pequena e gran entidade.
-           Protección de alcorques.
-           Eliminación de discontinuidade no pavimento en zonas peonís.
-           Instalación de barandillas accesibles
-           Ensanchamento de beirarrúas.
-           Estarcido e sinalización de pasos de peóns.
-           Creación de aparcadoiros reservados a persoas con discapacidade.

Para as catro primeiras fases que están en marcha actuouse en preto de 60 rúas da cidade e investíronse  1.105.055 euros.
Fase I: 330.274,50
Fase II: 305.879,59
Fase III: 227.078,38
Fase IV: 241.823,41

Os proxectos de accesibilidade tamén se centraron na instalación de Semáforos sonoros, sobre todo naqueles cruces máis perigosos para as persoas invidentes. Na actualidade hai 96 semáforos sonoros distribuídos por toda a cidade. Cando comezou este proceso non había ningún semáforo sonoro en funcionamento. O investimento neste caso foi de 104.855,42 euros.

A ampliación de prazas para persoas con discapacidade tamén foi outro dos traballos realizados dende o Concello. Na actualidade na cidade de Lugo hai 135 prazas.

Accesibilidade

Todas estas obras fixeron que a cidade de Lugo obtivese o Premio Reina Sofía de Accesibilidade no ano 2006 e o premio Millenium século XX-XXI.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova