Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba a adxudicación provisional do servizo de mantemento das áreas de xogos infantís


# Mércores, 18/03/2009
A Xunta de Goberno Local adxudicou a execución das actividades de ensinanza deportivas municipais

Imaxe Asociada

A Xunta de Goberno Local, segundo explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, aprobou a proposta de adxudicación provisional para o servizo de mantemento e conservación integral das áreas de xogo insfantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais á mercantil Lappset España VR SL, polo prezo de 51.200 euros anuais, e cunhas melloras valoradas en 12.800 euros.

A empresa realizará as labores de mantemento, conservación, sustitución e reparación integral de todos e cada un dos elementos dos xogos que compoñen as áreas de xogo infantís municipais instalados ou por instalar nos parques, xardíns e nas zonas verdes públicas da cidade de Lugo. Ademais realizará as labores de mantemento das superficies destas áreas incluíndo os areeiros, os pavimentos contínuos de seguridade, o mantemento, conservación e a reparación dos peches perimetrais, así como dos carteis indicativos e informativos.

Ademais a mesma empresa é a adxudicataria  da suministración e instalación de xogos infantís e pavimento contínuo de seguridade no xardín do Camiño de Romai no Concello de Lugo,  por un importe de 55.804 euros.

Por outra banda, segundo explicou a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, adxudicouse a execución das actividades de ensinanza deportiva e outras complementarias nas escolas deportivas municipais á mercantil A Billarda SL por un prezo de 633.064 euros. Basadre indicou que “a empresa presenta unhas melloras valoradas en 40.001 euros incluindo: catro festas de inchables acuáticos, catro xornadas de xogos populares para todas as idades, 150 horas a maiores como apoio para eventos da promoción de actividades para o deporte base, actividades de presentación  e clausura das escolas deportivas municipais, aportación de persoal especializado no caso de asistencia de nenos con algunha discapacidade aos cursos das escolas deportivas de natación, uniformes do persoal, adaptación de rexistros de calidade”.

A Xunta de Goberno aprobou ademais duas licenzas de actividade, cinco licenzas de obra e dúas de primeira utilización.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova