Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Seis empresas optan a realizar as obras de ampliación da piscina de Frigsa


# Mércores, 18/03/2009
A Mesa de Contratación abriu tamén as plicas para as obras dunha casa para persoas con discapacidade

Imaxe Asociada

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo mantivo hoxe unha xuntanza para a contratación das obras de ampliación da piscina cuberta e climatizada do parque de A Milagrosa incluída dentro dos proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local. O Equipo de Goberno pretende coa realización desta obra ofrecer un mellor servizo á cidadanía.

 

O prezo deste contrato conta cun orzamento de 2.708.546 euros.

 

Foron un total de seis as empresas que presentaron as súas plicas coas ofertas de mellora, prazos e volúmen de man de obra contratada:

- UTE EOC Galicia Constructora Hispánica

- OHL

- Corsán Cobián

- UTE  ODEGAL FRISAQUES

- COPFISA

- UTE ANTALSIS CIMI

 

Casa para persoas con discapacidade

Nesta Mesa de Contratación abríronse, ademais, as plicas das ofertas presentadas para a contratación das obras dunha casa para persoas con discapacidade incluída tamén nos proxectos do Concello de Lugo incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local.   Foron tres as empresas  que  presentaron as súas ofertas, aínda que unha foi excluída ao non adaptarse ás bases do concurso, quedando dúas:

 

- Antalsis

- Gómez Crespo

 

As ofertas presentadas para ámbalas dúas obras serán estudadas polos técnicos municipais que emitirán os seus informes que serán valorados polos membros da Mesa de Contratación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova