Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello xa adxudicou 35 proxectos do Fondo Estatal de Investimentos Locais


# Venres, 20/03/2009
Permitirán que 246 persoas traballen en obra pública do Concello

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron o balance da situación das obras do Fondo Estatal de Investimentos Locais neste momento.

Dos 79 proxectos, explicaron que xa están licitados todos, e que 34 das obras están adxudicadas. O Alcalde destacou que “se está a cumplir o compromiso co que naceu este Plan xa que repercuten positivamente no traballo das empresas lucenses”. De feito, todas as obras foron adxudicadas polo de agora a empresas da cidade.

Ademais, como suliñou a responsable municipal de emprego, “para cada adxudicación primamos os postos de traballo. Neste momento, as 34 obras adxudicadas supoñen 246 empregos dos cales 46 son para dar emprego a persoas que non o tiñan”.

Sonia Méndez tamén explicou que as 79 obras que forman parte do Plan darán traballo a máis de 20 profesionais (arquitectos e aparelladores) que se ocuparán das direccións de obra de cada unha delas, e que se unirán a un importante número de traballadores só no municipio de Lugo.

O Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) é unha medida extraordinaria posta en marcha polo Goberno de Zapatero para axudar aos concellos españois a superar a crise mundial que estamos a atravesar, xa que activa a economía dos municipios e fomenta o emprego. Para Sonia Méndez “este obxectivo marca o noso traballo e estamos conseguíndoo”.

O equipo de goberno decidiu a aprobación de 79 proxectos para os que se tiveron en conta as necesidades da cidadanía lucense, tanto da zona rural como da urbana, que fixeron chegar as súas propostas ao Concello, e tamén se seguiron as liñas do Plan Estratéxico, xa que é o documento que, dalgún xeito, deseña o Lugo do futuro. Na memoria aprobada, priorizáronse:

􀂠 A construción de infraestruturas xa que, ademais de beneficiar e modernizar a cidade, son as que posibilitan o maior número de empregos, as que conlevan máis contratacións.
􀂠 Compromiso cos barrios e tamén co medio rural.
􀂠 Compromiso coa política para as persoas.

Apóstase por obras que conlevan a modernización da cidade e a posta en marcha de dotacións destacadas dende o punto de vista social, que darán cobertura ás necesidades e demandas dos veciños e as veciñas de Lugo.

O mandatario lucense explicou que neste momento, “dos 16.6 millóns de euros, xa foron adxudicados 2.013.486 euros o que demostra o bo traballo de xestión que se está a facer dende o Concello, grazas ao traballo coordenado de todas as áreas e á implicación dos funcionarios municipais sen os que non sería posible”.

Toda a información sobre o FEIL de Lugo estará actualizada continuamente no portal web municipal www.lugo.es a través dun apartado con información clara e accesible. Para garantir que toda a cidadanía coñece estas obras, Sonia Méndez explicou que “faremos balances continuos para asegurar a transparencia na xestión municipal, que foi un compromiso de López Orozco coa cidadanía”.

Mesa de Contratación
O último proxecto adxudicado foi a Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (treito Ronda Norte - Monte Faro) que propuxo esta mesma mañá a Mesa de Contratación. Correspondeulle á empresa Canalugo por un importe de 299.538 euros.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova