Imprimir

O CONCELLO DE LUGO APOSTA POLA CLARIDADE NA XESTIÓN FINANCIEIRA DAS PEMES LUCENSES


20/3/2009 Vintecinco empresarios recibirán formación sobre as claves para avaliar a súa situación económica e para actuar en situacións de crise económica

A selección será do 15 ao 17 de abril o curso comezará o 20 de abril ao longo de 11 semanas

A Concelleira de Econonomia e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez, e o representante da Fundación EOI, Víctor Benítez, presentaron hoxe o curso “Xestión financieira en empresas” que se celebrará no CEI-Nodus e no que participarán empresarios de 16 pemes lucenses.

Con esta acción formativa, o Concello de Lugo pretende facilitar ás empresas coñecementos teóricos e prácticos que lles permitan avaliar a súa propia situación económica, ao tempo que as dota das claves precisas para saber como xestionar a súa actividade financieira ou como actuar en situacións de crise.

Logo dos tres meses que dura o curso, farase un seguemento das empresas participantes para avaliar os resultados derivados da implantanción das melloras e recomendacións plantexadas polos especialistas. O Concello reflexa deste xeito o seu interese, non só de que en Lugo se instalen novas empresas, senón tamén de que se asenten e se afiancen.

No curso “Xestión Financieira en Empresas” participarán 25 directivos ou técnicos de 16 pequenas e medianas empresas ubicadas no municipio lucense, que recibirán formación para mellorar os métodos, a organización e os resultados das empresas que dirixen ou para as que traballan. O prazo de inscripción estará aberto ata o 15 de abril.

O Concello de Lugo aportará a esta acción formativa, que está parcialmente financiada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, unha cantidade de 7.300 euros, que sufragará grazas a unha subvención do Fondo Social Europeo.

A Fundación EOI é unha Fundación Pública en cuio patronato se atopan, entroutros, o Ministerio de Industria, a Oficina Española de Patentes e Marcas e o Centro para o  Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial.  Dende hai máis de 50 anos, a súa Escola de Negocios adícase a desenvolver o talento directivo e a mellorar a cualificación técnica dos titulados universitarios, directivos e empresarios.

Todo elo xunto coa intensa labor de cooperación coa contorna empresarial, a ampla e variada actividade extra-académica e o claro compromiso coa xeración de coñecementos e iniciativas útiles para a sociedade, fai de EOI Escola de Negocios unha institución única para o fomento e o desenvolvemento dos directivos e profesionais do noso país.