Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora nunha plantación de castaños con motivo do Día da Árbore


# Venres, 20/03/2009
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e veciños e veciñas da cidade plantarán castaños na rúa Alta da cidade

Imaxe Asociada Día Árbore

Os actos do Día da Árbore arrincan esta tarde cunha conferencia do enxeñeiro paisaxista Sven Adler

Con motivo da celebración do Día da Árbore, o Concello de Lugo colaborará nunha plantación que se levará a cabo, mañá ás 11:00  horas, nunha zona verde da rúa Alta da cidade. As especies elexidas para esta plantación son os castaños, como mostra da defensa das especies autóctonas galegas. En total plantaranse dez castaños, que virán enriquecer a masa arbórea da cidade.

Durante a plantación, na que participarán os veciños e veciñas da cidade que así o desexen, o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Lugo, Lino González Dopeso, e representantes da empresa de deseño de espazos verdes Landelar, explicaranse os coidados que se deben ter en conta á hora de plantar unha árbore, como é a poda das raíces ou das copas para un bo crecemento da pranta, e daranse consellos sobre a fertilización, o alcorque, etc

Durante o acto lerase un manifesto en defensa das árbores, coa fin de concienciar aos presentes sobre a necesidade de defender as nosas zonas verdes para termos unha vida máis saudable.

Conferencia sobre os beneficios das árbores
Os actos con motivo da celebración do Día da Árbore arrincan ás 20 horas desta tarde coa celebración da conferencia “E as árbores, que?” a cargo do enxeñeiro paisaxista Sven Adler no centro social Uxío Novoneira.

Adler abordará o arraigo histórico da árbore na nosa cultura e convidará a reflexionar sobre os beneficios que o arborado aporta no ámbito urbano, mellorando o microclima grazas á produción de osíxeno ou a filtración do pó.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova