Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O novo número de Foeminas debate sobre as condicións laborais das mulleres


# Luns, 23/03/2009


No mes de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller Traballadora e todos os axentes sociais reflexionaron desde o seu lugar sobre os problemas de xénero relacionados co traballo. Por isto Foeminas, sendo o seu eixe fundamental o xénero e o debate en torno á súa perspectiva e implicacións sociais, no seu número 41 non deixou de facerse eco deste tema.

Pero é necesario continuar discutindo sobre os problemas que viran ao redor das condicións de traballo actuais e as súas repercusións no colectivo feminino. A preocupación por intentar arribar a análise e conclusións, coa finalidade de concienciar ás mulleres e cidadanía en xeral sobre as profundas desigualdades que persisten aínda hoxe na comunidade e que se ven agravadas pola crise económica global.

Por isto, Historia de Mulleres dedica unha homenaxe ás pioneiras e máis representativas mulleres traballadoras galegas, e as primeiras en ser visibilizadas. Historia de Mulleres deste número componse dun collage de historias e de situacións ligadas á muller e procura da lexitimación do seu traballo rentado da man de Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, etc.

Na Galería de Arte e seguindo esa mesma léxica exponse o traballo dunha pioneira e moi vixente profesional da fotografía: a lucense Mary Quintero. Contemporánearroba multiplícase ao presentar á poeta Emma Luaces, heterónoma de Carmen Blanco. En Portada ofrécese a primeira parte dun informe denominado: As mulleres e o traballo. Apuntes para saber por que e como se da a desigualdade entre homes e mulleres. Ademais, un artigo da profesora e escritora Virginia Ferrer titulado: E Darwin da súa costela creou muller, no que reflexiona sobre o bicentenario do nacemento do científico inglés e a súa relación co xénero feminino.

A reflexión habitual céntrase no traballo das mulleres e denomínase Eu traballo sen repouso. Fale dela chega a través dun colaborador e recoñecido músico Javier Prado Espieira quen relata a súa admiración e recoñecemento pola pedagoga italiana Mara Montessori.

Para rematar, en Mullerciclopedia publícase a crítica de Cristina Corral Soilán sobre a novela A elegancia do ourizo da francesa Muriel Barbery. Tamén se atopan renovadas as seccións: Noticias, Mullerecetario, Viaxeiras, etc.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova