Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de reserva de praza para a escola infantil Serra de Outes


# Luns, 23/03/2009
O prazo permanecerá aberto ao longo dun mes

A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes abre hoxe o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro así como da solicitude de matrícula para novas incorporacións.

O prazo para realizar esta reserva estará aberto ao longo dun mes. O impreso de reserva de praza será facilitado pola escola a cada neno e nena que reserva, polo que de non realizarse a reserva neste período entenderase que renuncia á súa praza.

Por outra banda, para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso na propia escola infantil ou chamando ao número de teléfono 982 26 31 03 ou no 010.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova