Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un ciclo de obradoiros para previr os trastornos alimenticios entre a mocidade


# Luns, 23/03/2009
Os talleres impartiranse aos alumnos de 2º da ESO

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Sociais, Luisa Zarzuela, presentou unha nova campaña de charlas, se levarán a cabo nos institutos da cidade co obxectivo de previr os trastornos da alimentación preto de 600 alumnos de secundaria recibirán nocións básicas para a prevención dos transtornos alimenticios como o son a anorexia e a bulimia. As conferencias comezarán despois de Semana Santa e rematarán o día o 8 de maio.

A Concelleira indicou que os adolescentes son os máis vulnerables á presión dos modelos estéticos vixentes, xa que se atopan en pleno proceso de construción da súa identidade e por iso o Concello quere previr este tipo de trastornos facilitándolles o coñecemento das causas e das consecuencias dunha enfermidade que, segundo datos do Minesterio de Sanidade, afecta a 500.000 persoas en toda España.

A través dunha serie de actividades, elaboradas pola organización Ciencia Divertida, preténdese axudar a conseguir un maior auto-coñecemento e fomentar a elección de modelos positivos máis acordes coas posibilidades físicas e emocionales dos rapaces.

A presidenta de Ciencia Divertida en Lugo, Ángeles García, explicou que nas xornadas se axudará aos participantes a tomar conciencia dos usos da alimentación en diferentes situacións, así como a coñecer e comprender os aspectos básicos do funcionamento do propio corpo e das consecuencias para a saúde dos actos e das decisións personais, valorando os beneficios que supoñen os hábitos do exercicio físico, da hixiene e dunha alimentación equilibrada.

Con estas actividades os mozos e mozas lucenses comprenderán os riscos aos que pode levar caer nestas enfermidades e aprenderán a detectarlas para poder axudar aos seus compañeiros e compañeiras.

Almorzos Saudables
A Concelleira de Servizos Xerais aproveitou para facer balance dos almorzos saudables desenvolvidos ao longo de case dous meses nos 25 centros educativos da cidade, cunha participación total de 2.153 rapaces e rapazas de 1º e 2º de educación Primaria.

Esta sexta edición foi, como as anteriores, todo un éxito, logrando potenciar entre os máis cativos os valores que favorezan comportamentos alimentarios saudables, sinalando a importancia dun comezo nutricional adecuado do día cun un almorzo saudable composto de froita, lácteos e cereais; así como de menús especiais para aqueles rapaces e rapazas que sufren algún tipo de alerxia alimentaria.

A Concelleira agradeceu á colaboración das distintas entidades que participaron neste proxecto que leva a cabo o Concello:

- Colexio Oficial de Enfermeria

- Asociación Provincial de Fabricantes de Pan

- Grupo Eroski

- Leite Rio

- Ingapan

- Federación Española de Municipios e Provincias  (FEMP)

- Comercio Xusto, a través de Cova da Terra.

Ademais, nesta edición colaborouse co Taller de solidariedade, que desenvolve accións orientadas a fomentar o consumo responsable a través da web www.tuturnomiturno.org .

Nesta actividade empregáronse, ademais, elementos audiovisuais, presentacións, e xogos interactivos que axudan a concienciar sobre este aspecto nutricional pero tamén en relación á conservación do medio ambiente, o consumo enerxético eficiente, e outras cuestións educativas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova