Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Portal Web do Concello de Lugo conta cun novo espazo de orientación laboral


# Martes, 24/03/2009
As empresas poderán dar a coñecer as súas ofertas de emprego a través da web

Imaxe Asociada Orientación Laboral

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou a nova páxina web de orientación laboral do Concello de Lugo. Con este novo espazo no portal web municipal o Concello pretende ofertar máis prestacións aos demandantes de emprego poñendo a súa disposición unha nova ferramenta para acadar información sobre formación, proxectos, orientación laboral, escolas obradoiro, así como información laboral no ámbito europeo.

O Concello de Lugo pon a disposición das distintas empresas a posibilidade de dar a coñecer a través da web as súas ofertas de traballo, así como o coñecemento actualizado das distintas axudas e subvencións que poidan ir aparecendo.

A nova páxina web cumprirá cos obxectivos do Espazo Lab como detectar os cambios e as novidades nas tendencias no mundo do traballo co fin de divulgar esas novas oportunidades de ocupación e dar a coñecer os sectores económicos emerxentes e as últimas competencias profesionais. O permanente contacto coas empresas facilitará a actualización constante das ofertas de emprego e coñecer de primeira man as demandas do mercado laboral para ofrecer un asesoramento innovador e axudar aos demandantes de emprego a que actualicen o seu perfil a través dunha atención personalizada e de itinerarios de formación que melloren as súas capacidades e lles facilite acceder con éxito ao mercado laboral.

Dende a súa creación, o Espazo Lab converteuse no lugar de referencia de todas as entidades que traballan polo emprego na cidade de Lugo e que unen as súas forzas no Pacto Territorial polo Emprego. Ademais, pola súa estratéxica situación, situado xunto ao CEI-NODUS, o antigo Cuartel de Garabolos convértese no centro de promoción de emprego e creación de empresas da cidade por excelencia. Co novo espazo en Internet o Concello de Lugo pretende ampliar a súa efectividade chegando aínda a máis empresas e cidadáns e cidadás.

A través deste servizo municipal, o Concello de Lugo ofrece máis prestacións aos demandantes de emprego poñendo a súa disposición gratuitamente toda a información que se pode atopar nas oficinas do Espazo Lab. Os usuarios e usuarias atoparán as ferramentas necesarias para buscar emprego ou crear o seu currículo; poden consultar as ofertas máis actualizadas, así como información sobre cursos, seminarios e charlas sobre distintos temas relacionados co emprego. Ademais, os usuarios poderán atopar unha canle directa de comunicación co persoal do Espazo Lab que respostará as súas dudas ou suxerencias do ámbito laboral de forma persoalizada.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova