Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e La Caixa asinan un convenio de colaboración para facilitar o pago de tributos municipais


# Mércores, 25/03/2009
O Alcalde de Lugo lembrou que este ano o Concello fixo un esforzo e conxelou de novo os principais impostos, como son o IBI e o IVTM

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Delegado Xeral de La Caixa en Galicia, Marc Arthur Benhamou, asinaron un convenio de colaboración para facilitar aos administrados o pago de tributos municipais.

Deste xeito o Concello de Lugo cumpre o seu compromiso de facilitar o pago de impostos aos seus administrados, incluíndo as oficinas de La Caixa entre aquelas nas que se pode efectuar o pago de tributos.

Con este acordo os veciños e veciñas de Lugo poderán pagar os seus impostos en calquera oficina de La Caixa, nos seus caixeiros automáticos de ServiCaixa, e a través do servizo de banco a distancia Línea Abierta.

Este sistema permite ampliar considerablemente os horarios habilitados para o pagamento de tributos. De feito o sistema de pagamento on line permite que de forma inmediata o usuario consulte a efectivización do pago e o Concello reciba a confirmación ao momento.

Para o delegado xeral de “la Caixa” en Galicia, Marc Benhamou, este convenio é unha mostra máis do interés da entidade financieira por prestar un servizo de calidade á cidadanía de Lugo, e atender as demandas de todas aquelas personas que poidan beneficiarse das canles alternativas que “la Caixa” pon á súa disposición, entre eles a “Línea Abierta por Internet”, a canle líder e máis valorada polos españois, segundo a axencia de medición AQMetrix. “Para la Caixa –afirmou- é unha satisfacción colaborar desta maneira co Concello da cidade, con quen a entidade ten unha relación desde hai moitos anos.

La Caixa é unha entidade bancaria que leva 25 anos instalada no provincia de Lugo con máis de 700 empregados en toda Galicia. Na actualidade conta con 17 oficinas en Lugo, 7 delas na capital.

Máis facilidades
Este medio de pagamento únese a outros postos en marcha pola área de Economía municipal, como son o pagamento a través da web, medio que xa utilizaron preto de 1.000 lucenses e que permite o pago de impostos dende a casa, o pago por TPV mediante tarxeta bancaria directamente na oficina da Tesourería Municipal, en caixeiros ou grazas á domiciliación que se modificou neste novo mandato atendendo ás demandas dos contribuíntes. Na actualidade o cobro dos recibos domiciliados realízase nos últimos 15 días de prazo. Ademais a información dos recibos tamén é maior e mellor incluíndo datos sobre prazos e recargos.

O convenio estará vixente ao longo dun ano e poderá ser prorrogado indefinidamente por períodos anuais sucesivos.

Impostos conxelados
O Alcalde de Lugo, suliñou o importante esforzo que está a facer este ano o Concello para manter conxelados os principais impostos -son o IBI e o coñecido como Imposto de circulación- “o Concello está ao carón das familias, pero este ano está a ser complicado para todos nós. Este é o momento de estar máis cerca dos veciños e veciñas que nunca”.

López Orozco explicou que en Lugo podemos estar moi satisfeitos pola resposta da xente “existe unha gran solidariedade entre a cidadanía. Somos conscientes de que todos pagamos impostos, e de que se pagamos todos pagaremos menos”.

O Alcaldes lembrou que “a aposta pola claridade na información económica e polo establecemento dun calendario fixo do contribuínte, foron promesas asumidas neste novo mandato e que como se pode ver, hoxe son unha realidade. Con este convenio damos un paso máis, facilitando a toda a cidadanía que na súa caixa de sempre podan cumprir co seu compromiso tributario”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova