Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NA CASA DO CONCELLO AO SUBDELEGADO DO GOBERNO EN LUGO


25/3/2009 É a primeira visita oficial de Vázquez Portomeñe ao Concello dende que tomou posesión do seu cargo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Voceiro do grupo de Goberno, José Rábade, e outros membros  dos partidos políticos con representación municipal, recibiron na Casa do Concello ao novo Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe.

O Alcalde deulle a benvida ao seu novo cargo en nome de toda a Corporación e desexoulle “moita sorte no seu traballo, sorte que virá do seu bo coñecemento da administración, do bo comportamento dos lucenses e do seu bo facer”. López Orozco afirmou que “desexa que prosiga a excelente colaboración que houbo entre o Concello e todos os  subdelegados”.

Pola súa banda, o Subdelegado toma a súa nova responsabilidade “con moita ilusión, ganas e con espíritu de tolerancia”.

López Orozco e Vázquez Portomeñe lembraron neste acto institucional ao  anterior Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, do que resaltaron o excelente labor que realizou ao servizo da cidadanía.

O Alcalde entregou a Vázquez Portomeñe un libro sobre a Muralla como recordo da súa primeira visita oficial ao Concello como Subdelegado do Goberno.