Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa nos actos de celebración do Día da UNED


# Mércores, 25/03/2009
O programa inclúe unha xornada de portas abertas do centro lucense

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participa mañá xoves, 26 de marzo, na celebración do Día da UNED como presidente do Padroado do Centro Asociado da Universidade en Lugo.

O obxectivo desta celebración é que a Universidade a Distancia sexa coñecida pola sociedade e todos os grupos de interese que a integran. A elección desta data débese á proximidade do 21 de marzo, data na que en 1973 celebrouse a primeira Xunta de Goberno da UNED.

Para esta conmemoración o centro lucense preparou un programa de actos que inclúe unha xornada de portas abertas ao longo da mañá, así como a visualización dun video con información sobre a UNED como a súa historia, os seus centros ou o seu prestixio.

No programa de actos tamén se inclúe unha demostración da conexión punto a punto mediante unha videoconferencia mantida con outro centro asociado da UNED, e do funcionamento da pizarra dixital.

Coincidindo co Día da UNED terá tamén lugar unha xuntanza do Padroado no que se tratarán, entre outros puntos, a ratificación da nova adscripción a Lugo das Aulas Universitarias da UNED de Foz, Viveiro e Monforte de Lemos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova