Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Adultos e Individual infantil de Wu-Shu, Sanda e Tai Chi


# Xoves, 26/03/2009
Será o domingo 29 a partir das 17:00 horas no Pavillón de Deportes Municipal

Imaxe Asociada

O vindeiro domingo, 29 de marzo, terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes a partir das 17:00 horas o Campionato Galego de Adultos e Individual Infantil de Wu-Shu, Sanda e Tai-Chi patrocinado pola Concellería de Deportes e organizado polo Departamento Galego de Wu-Shu.

Na competición participarán máis de 150 deportistas adultos, de entre 15 e 70 anos,  e 60 infantís, con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, de toda a Comunidade Autónoma.

O campionato contará con cinco modalidades: formas individuais, por equipos, combate preparado, sanda (combate de competición) e Tai-Chi.

Competirase en tres áreas simultáneamente, de 8 por 14 metros cada unha. Na primera:  formas tradicionais de norte, sur e armas. Na segunda: exhibicións, combates preparados, tai chi e formas libres ; e na terceira o combate de competición (sanda).

- Formas tradicionais: en dúas categorías, mans baleiras e armas.

- Nan Chuan: forma de competición internacional, (NAN KUN e NAN DAO).

- Chan Chuan: forma de competición internacional e as cuatro formas  de armas: palo, lanza, sable e espada.

- Tai Chi:por equipos

- Sanda: Categorías de combate por peso.

- Combates preparados, dúas modalidades, con e sen armas.

Na modalidade de armas serán as típicas de Wushu: palo, lanza, sable, espada, Nunchacu tres seccións e dagas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova