Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo de Información Telefónica 010 do Concello de Lugo atendeu case 115.000 chamadas nos seus catro anos de vida


# Xoves, 26/03/2009
O servizo cada vez é máis utilizado e coñecido pola cidadanía

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe un balance do Servizo de Atención telefónica á cidadanía do Concello de Lugo, 010, que o pasado 17 de marzo cumpriu o seu cuarto ano de funcionamento.

Ano tras ano, dende que comezou a súa andadura no ano 2005, o 010 foise consolidando como un servizo que achega a administración áos cidadáns tal e como o demostra o crecemento de chamadas e correos electrónicos que recibe. Nestos catro anos o número de chamadas totais atendidas foi de 114.338; pasando das preto de 13.000 chamadas no 2005 ás preto de 38.000 no 2008, e dos 1.719 correos electrónicos no 2005 aos 4.150 no 2008. “Estos datos demostran que o servizo e cada vez é mais utilizado e coñecido pola cidadanía”, explicou a Concelleira.

Con respecto as chamadas recibidas, cobran especial relevancia as consultas de carácter municipal, no 2008 compuntándose un 90% das mesmas, mentres que o 10% restantes son consultas de tipo extramunicipal.

A media diaria de chamadas recibidas polo 010 aproxímase ás 200, superándose en gran número esta cifra en períodos de oposicións e nas datas de celebracións de festas na cidade. A Concelleira indicou que “no que vai de ano, o día que rexistrou o maior número de chamadas foi o de apertura de prazo para solicitar cita na oficina de información do PXOM con 539 chamadas, tamén pasaron de 400 os días posteriores ao paso do huracán Claus”.

No primeiro trimestre do ano 2009 o 010 experimentou un aumento nas chamadas atendidas, xa que son moitos os departamentos que confian neste servizo para a  realización previa dalgúns dos seus trámites. Ademais, no pasado mes de febreiro levouse a cabo a integración da centraliña no 010 para acadar unha maior eficacia nos servizos prestados á cidadanía.

A Concelleira recordou que “o 010 presta servizo en horario de luns a venres de 08:30 a 20:30 horas e os sábados de 09:00 a 14:00 horas” e engadiu que “teñen o custo dunha chamada local” e quen desexe poñerse en contacto co teléfono de atención á cidadanía dende fóra de Lugo pode chamar ao 982 29 73 50.

Servizos do 010
- Información de tódolos procedementos e trámites administrativos que xestiona o Concello, como alta  e baixa da auga, alta e baixa de padrón, procesos selectivos, etc.

- Información e inscrición en actividades que organizan as diferentes Concellerías como: cursos do Conéctate 2009, talleres  do Arde Lucus, cursos de vixiante de Seguridade e Especialista en  Explosivos e Escoltas.

- O servizo foi o encargado de xestionar as citas para acudir á oficina  de información municipal do PXOM.

- Lecturas dos contadores da auga.

- Ofrece información da programación que organizan entidades colaboradoras do Concello como a Fundación Caixa Galicia, USC, Caixanova….

- Ademais de facilitar información extramunicipal como números de teléfono, información do estado das estradas, a predición do tempo ou estados das mareas, aumentaron as consultas relacionadas con trámites de outras administracións como, documentación para casar polo xulgado, axudas por maternidade, rexistro de parellas de feito así como dos diferentes tipos de carné que oferta a Xunta, entre outros.

No último ano tamén aumentou o número de cidadáns inscritos no servizo de mensaxería móbil prestado polo 010; contando na actualidade con 2.500 usuarios.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova