Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A UNED de Lugo celebra o seu día cunha xornada de portas abertas e coa implantación de 11 novos graos do Espazo Europeo


# Xoves, 26/03/2009
Na actualidade hai máis de 1.500 alumnos matriculados neste centro lucense

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • UNED
  • UNED

O Alcalde de Lugo e Presidente do Padroado da UNED de Lugo, José López Orozco, participou, xunto ao Director do Centro, José Luis Prieto e os integrantes do Padroado da Fundación UNED Lugo, na celebración do Día da UNED que coincidiu cunha intensa reunión do Padroado.

Nesta xuntanza procedeuse á ratificación da nova adscripción das Aulas Universitarias da UNED de Foz, Viveiro e Monforte de Lemos ao Centro da capital lucense. Queda pendente a sinatura do Alcalde de Viveiro que non puido asistir, pero o padroado confirmou este acordo.

Deste xeito a Aula de Monforte, que naceu en abril de 2006 deixa de depender do Centro Asociado de Ourense, e Foz -que naceu en maio de 2006- e Viveiro -novembro de 2003- deixan de facelo do Centro de A Coruña

Tamén se levou a cabo aprobación do orzamento do ano 2009 que ascende á cantidade de 1.166.111,30 euros, dos cales 196.716 euros proceden do Concello de Lugo, 263.640 da Deputación Provincial, 80.000 de Caixa Galicia, 40.000 de Caixa Nova, 65.350 do Concello de Monforte, 37.300 do de Viveiro e 31.551,47 do de Foz.

Tamén se aprobou a programación de extensión universitaria que inclúe cursos de verán, simposios, conferencias…

Outro dos puntos acordados foi a do Regulamento de Réxime Interno do Centro para a súa elevación ao Consello de Goberno da Universidade e a implantación de novos graos de Espazo Europeo de Educación superior no Centro asociado de Lugo.

Concretamente aprobouse a impartición de 11 novos graos:

- Grao de Enxeñería Electrónica, Industrial e Automática.

- Grao de Enxeñería Eléctrica.

- Grao de Enxeñería Mecánica.

- Graduado en Economía.

- Graduado en Psicoloxía.

- Graduado en Filosofía.

- Graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.

- Graduado en Ciencias Políticas e da Administración.

- Graduado en Educación Social.

- Graduado en Xeografía e Historia.

- Graduado en Historia da Arte.

Un dos últimos puntos tratados polos responsables do Padroado foi o da Creación do Centro Universitario de Idiomas a Distancia co que contará esta Universidade en Lugo

Día da UNED
O Centro da UNED en Lugo celebrou ademais o seu primeiro día da UNED cunha xornada de portas abertas para dar a coñecer a súa sede a toda a cidadanía. O obxectivo desta celebración é que a Universidade a Distancia sexa coñecida pola sociedade e todos os grupos de interese que a integran. A elección desta data débese á proximidade do 21 de marzo, data na que en 1973 se celebrou a primeira Xunta de Goberno da UNED hai xa 36 anos.

Para esta conmemoración o centro lucense puxo en marcha un programa de actos que inclúe ademais a visualización dun video con información sobre a UNED, a súa historia, os seus centros ou o seu prestixio.

No programa de actos tamén tivo lugar unha demostración da conexión punto a punto mediante unha videoconferencia mantida co centro asociado da UNED en Ponferrrada, e a utilización da pizarra dixital a distancia que permite titorías e cursos a distancia como se fosen presenciais. Na actualidade, este sistema punto a punto está instalado en máis de 200 aulas -tamén na de Lugo- o que permite a impartición de cursos de categoría por todo o territorio nacional, sen distinción xeográfica.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova