Imprimir

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS RECIBE NA CASA DO CONCELLO AOS PARTICIPANTES NAS XIV XORNADAS INTERNACIONAIS DE ENFERMERÍA


27/3/2009 Nestas xornadas participan unhas 300 persoas

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, recibiu nos Salón de Plenos da  Casa do Concello aos participantes nas XIV Xornadas Internacionais de Enfermería, organizada pola Escola Universitaria de Enfermería de Lugo e que están a ter lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Baixo o título de O continuum: muller-embarazo-neno, serán un total de 300 persoas as que participen entre a xornada de hoxe e mañá neste congreso que achegou á cidade a un bo número de expertos internacionais.

A Concelleira deu a benvida á cidade a os participantes e animoulles a aproveitar a súa estancia para coñecer os encantos que ofrece Lugo. Así mesmo resaltou a importancia de que Lugo sexa a sede dunhas xornadas internacionais destas características.