Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla e a Praza Maior de Lugo apagarán as luces como mostra da adhesión do Concello na loita contra o cambio climático


# Venres, 27/03/2009
O Concello súmase así á campaña "A Hora do Planeta" que deixará sen luz aos principais monumentos do mundo entre as 20:30 e as 21:30 horas

Imaxe Asociada

Os veciños e veciñas de Lugo poden participar na iniciativa apagando as luces e os aparellos eléctricos das súas casas


O Concello de Lugo súmase á campaña “A Hora do Planeta”, que a organización WWF España promove en todo o mundo como sinal de loita contra o cambio climático, e que deixará sen luz aos edificios e espazos máis emblemáticos mañá, sábado 28 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 horas.

O Concello de Lugo participará nesta iniciativa apagando as luces de dous dos espazos máis importantes da cidade como son a Muralla Romana, recoñecida como Patrimonio Mundial, e a Praza Maior, durante a hora que dura o acto simbólico.

 “A Hora do Planeta” é unha campaña internacional que consiste en deixar a escuras os principais edificios do mundo para demostrar que a loita contra o cambio climático é posible, ao tempo que se tenta sensibilizar aos gobernos e á cidadadanía sobre este cambio e os impactos que xa está a ter sobre o noso planeta.

A iniciativa contará coa participación de máis de 2.400 cidades de 82 países, e suporá deixar a escuras monumentos como a Muralla Romana de Lugo, a Alhambra de Granada, o Acueducto de Segovia, a Torre Eiffel de París, o Times Square de Nova Iorque ou a Pirámide de Gizeh en Exipto.

O Concello de Lugo anima aos veciños e veciñas do municipio a secundar tamén a iniciativa, xa que poden facelo con xestos tan sinxelos como apagar a luz da casa e os aparellos eléctricos durante unha hora.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova