Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o Plan Estratéxico de Subvencións dotado con case catro millóns de euros


# Venres, 27/03/2009
Auméntase as partidas destinadas a Servizos Sociais, axudas ao aluguer de vivendas e as novas axudas do Plan Urban

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou que o Concello de Lugo aprobou a partida destinada ao ano 2009 do II Plan Estratéxico de subvencións cun total de 3.915.900 euros, dos o 55% son para a libre concorrencia e o resto para todas as asociacións con fins de interese social, deportivo, cultural, etc., da cidade.

Méndez explicou que “atendendo á situación de crise actual, o Concello, que non vive de costas á realidade, decide apostar polas áreas máis implicadas directamente cos cidadáns”. Por iso este ano, o equipo de Goberno decidiu aumentar as partidas destinadas a:

- Servizos sociais, pasando de 465.543 euros a 478.000 euros,

- As axudas para o aluguer de vivendas que pasan de 146.00 a 149.000

- A posta en marcha das novas axudas do Plan Urban para os locais de negocio da zona Urban con 300.000 euros.

A administración local ten que facer un sobreesforzo para seguir apostando polo fomento do asociacionismo e a participación cidadá. A Concelleira indicou que “está claro que a situación económica non está sendo fácil para ninguén, tampouco para nós que xestionamos diñeiro público, pero a nosa convencemento de que é agora cando temos que estar á beira das persoas que o necesitan decidiunos a non reducir nin un céntimo axudas como as de Educación para a compra de libros de texto, e aumentamos aquelas axudas sociais ou de emprego que cremos que son máis necesarias nestes momentos”.

O Plan Estratéxico de Subvencións é un instrumento fundamental de coordinación, transparencia e rigor, básicos nas axudas que conceden as administracións públicas. Evita a desorde establecendo un único documento onde se contemplan todas as subvencións.

Para este ano 2009 o Plan estratéxico do Concello inclúe subvencións en materia deportiva destinadas á colaboración cos clubes deportivos da cidade tanto de elite como de base, cun total de 890.000 euros. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, explicou  que se trata dunha cantidade moi importante da que se beneficiarán 50 clubes deportivos da cidade para cubrir a súa campaña anual ou para a organización de eventos deportivos. O Concelleiro recordou que “todos os clubes da cidade poden acceder ás subvencións” e resaltou “os 25.000 euros  de subvención para deportistas individuais con talento deportivo, o que supón unha forte aposta do Concello polos nosos deportistas”.

A partida destinada a Cultura é de 284.130 euros e inclúe subvencións a asociacións culturais e artísticas, así como convenios de gran entidade para garantir a programación cultural de calidade ao longo de todo o ano na cidade.

En Servizos Sociais o Concello colabora con asociacións lucenses cun claro fin social e de axuda a enfermos ou persoas que viven en situacións de dificultade. Tamén se inclúen as axudas para a cooperación ao desenvolvemento.

No apartado de Urbanismo, inclúense as actuacións para a rehabilitación do centro histórico e do barrio do Sagrado Corazón (10ª e 2ª fase), “unha aposta total deste equipo de Goberno, máis xustificada se cabe nesta ocasión porque supón un apoio claro ao sector da construción, un dos grandes prexudicados da situación económica que vivimos”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova