Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello continúa a traballar na execución das obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local


# Venres, 27/03/2009
A xunta de compras aprobou unha dirección de obra e sete coordinacións de obra e saúde de varios proxectos incluídos no FEIL

Imaxe Asociada

A mesa de Contratación abriu as 45 plicas presentadas para executar sete dos proxectos do Fondo Estatal

A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou a contratación do servizo de dirección de obra e o estudo de coordinación e seguridade de obra de varios proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local:

- Aprobouse a dirección de obra e os honorarios do plan de coordinación de seguridade da ampliación da piscina municipal do parque da Milagrosa. Con esta actuación que contará cun orzamento de 2.708.546 euros o Goberno Local demostra unha vez máis o seu compromiso co deporte base e a práctica deportiva xeneralizada do Concello de Lugo xa que a ampliación das instalacións permitirá ofrecer un mellor servizo aos cidadáns.

 - Aprobouse tamén o gasto do plan de coordinación de seguridade e saúde durante a execución de seis obras de Medio Ambiente incluídas dentro dos proxectos do Fondo Estatal, e que suman un total de 6.408 euros. Estas obras son:

● A mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Este á cidade de  Lugo: zonas verdes, rotondas e medianas na prolongación da avenida Infanta Elena, entre ponte Romai e a rúa Monforte.

● A mellora da contorna e espazos públicos urbanos do acceso ao campus universitario da cidade de Lugo: Rotonda na avenida Carbalho Calero.

● A mellora das contornas ou espazos públicos urbanos do acceso Oeste á cidade de Lugo: rotondas e medianas da avenida de Breogán.

● A mellora das contornas ou espazos públicos urbanos do acceso Sur á cidade de Lugo: encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi

● A adecuación da zona verde na Costa da Viña, ampliación do Parque de Marcos Cela.

● Rexeneración da zona verde pública para adaptala ao uso lúdico, ornamental e paisaxístico na rúa Miguel de Cervantes.

Ademais, contratouse a dirección de execución material da renovación de elementos de cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no edificio administrativo do Concello, por un importe de 20.556 euros, e da Casa para persoas con discapacidade por un importe de 20.566 euros.

Por outra banda, a Xunta de Compras aprobou tamén a realización dun programa de apoio escolar a mozos e mozas no Centro Social Lamas de Prado. Con esta actividade, o Concello pretende axudar gratuitamente a rapaces e rapazas de Lugo nas asignaturas que necesitan mellorar con nove horas de clases semanais ao longo dos meses de abril, maio e xuño, período onde se celebran os exámenes de fin de curso.

No ámbito educativo tamén se aprobou unha actividade promovida pola Concellería de Educación e que se desenvolverá a vindeira semana nos centros de educación Primaria e Secundaria da cidade. Trátase da VI Semana da Oralidade englobada dentro do programa de animación á lectura do Concello e na que participarán un bo número de contacontos.

Este órgano do Concello aprobou, ademais, a adquisición de 5 marquesinas de autobús para a zona rural por un importe de 16.704 euros e que serán instaladas nas parroquias de San Xoan do Campo, Barbaín, Esperante e dúas en Muxa.

Mesa de Contratación
O Concello continúa a avanzar nas obras do FEIL como o demostran as decisións tomadas na Xunta de Compras, pero tamén se abriron en Mesa de Contratación as plicas presentadas para a realización de sete obras incluídas nos proxectos subvencionados polo Goberno Central.

Para a  contratación das obras de Iluminación Pública na rúa Primavera e adxacentes presentáronse un total de tres empresas. O prezo do contrato é de 231.520 euros e un prazo de execución de catro meses.

Para a construción da Escola Infantil Municipal no barrio de San Fiz o Concello recibiu a oferta de nove empresas. Esta obra conta cun orzamento de 730.800 euros e un prazo de execución de oito meses.

En canto a contratación das obras de urbanización da rúa Monte Adairo Fase I, que conta cun orzamento de 344.791,99 euros e un prazo de execución de seis meses,  presentáronse nove ofertas.

Foron cinco as empresas que presentaron as súas plicas para realizar as obras de construción do novo ximnasio no Parque de A Milagrosa, que conta cun orzamento de 329.809,39 euros e un prazo de execución de sete meses.

A  Contratación das obras de renovación de cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no Centro de Servizos Municipais contou coa oferta de sete empresas. O prezo máximo do contrato para a execución desta obra é de 782.066,39 euros, e un prazo de execución de oito meses.

Para a contratación das obras de construción dun edificio destinado á Casa da Xuventude no barrio de San Fiz presentáronse as ofertas de nove empresas. O prezo do contrato para a execución desta obra é de 974.400 eurose conta cun prazo de execución de oito meses.

Por último a Mesa de Contratación abriu as plicas das tres ofertas presentadas para levar a cabo a obra de reurbanización do contorno de Porta Miñá. Unha obra que conta cun orzamento de 212.293 euros e un prazo de execución de sete meses.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova