Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Banda Municipal estrea catro pezas musicais


# Venres, 27/03/2009
Será o domingo 29 de marzo a partir das 12:30 horas na Praza Maior

Imaxe Asociada

A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, tocará por primeira vez o domingo 29 de marzo ás 12:30 horas catro pezas: Antonio e Susy, do compositor Xosé A. Carballido Pérez, con arranxos de Anxo Castelo Corredoira, e Mambo Sur e Ti es un anxo do compositor Anxo Castelo.

Xose A. Carballido, lucense que comezou os seus estudos musicais co mestre Méndez, tocou a frauta na Banda Municipal de Lugo. Na actualidade é escritor, letrista e compositor de moitas obras musicais.

Pola súa banda, Anxo Castelo, naceu en Miraz, Friol, e comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Música da Coruña. É autor de moitas obras musicais como Ese Cabalo, Diamantes, etc. Na actualidade é músico da banda Municipal de Música de Lugo.

A Banda Municipal tamén interpretará as aperturas Festa Rusa e Ross Roy, e un pasodobre taurino Agüero neste concerto que terá lugar no templete da Praza Maior.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova