Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa do Festival de Música Cidade de Lugo. XXXVII Semana do Corpus conta con 18 concertos


# Luns, 30/03/2009


Imaxe Asociada Festival de Música Cidade de Lugo

O Concello de Lugo presentou unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVII Semana do Corpus que se desenvolverá ao longo de abril, maio e xuño. O que xa está considerado como o mellor festival de música clásica de Galicia e que conta cun enorme recoñecemento a nivel nacional, foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo e o Director do Festival, Víctor Carou.

Esta edición do festival, arrica o venres 24 de abril co concerto da The Scholars Baroque Ensemble, ás 20:30 horas na Igrexa de San Pedro. Contará cun total de 18 concertos de diferentes estilos musicais nos que estarán en Lugo as grandes estrelas do panorama lírico mundial.

Novamente, haberá diferentes secciones nas que se agruparán os concertos. Así, haberá un espacio dedicado Haendel polo 250 aniversario da súa morte, a Purcell polo 350 aniversario do seu nacemento e Haydn ao cumprirse o segundo centenario do seu pasamento.

Volven este ano tamén os concertos en familia, nesta ocasión con "Música para nenos (case recén nacidos)”, “Amor, non durmas máis!” e “Canto de Berce”. Concepción Burgo destacou que o festival é unha forte aposta do Goberno Local, incidindo sobretodo nos concertos para nenos "cos que se tenta captar aos máis pequenos no coñecemento da música clásica porque queremos crear este tipo de inquietudes, porque a música clásica canto máis a escoitas máis te gusta", dixo.

O  faltarán tampouco os concertos de música de cámara, a lírica que estae ano contará cunha grande variedade de xéneros como ópera, lied e canción, opereta…

Nas últimas edicións o piano converteuse nunha das apostas máis firmes do festival, unha liña que se continúa neste ano co recital do pianista portugués Artur Pizarro, que interpretará obras de Granados, Ravel e Prokofiev.

Este completo programa de concertos desenvolverase ata o 1 de xuño no que o Coro da Universidade de Santiago Capela Compostelana, dirixida por Miro Moreira, clausurará esta nova edición do festival.

Ao longo do programa utilizaranse catro espazos para a promoción: o Círculo das Artes, a Fundación Caixa Galicia, a Igrexa de San Pedro e o Conservatorio de Música. Como en anos anteriores, todos os concertos serán de libre acceso e gratuítos.

A Concelleira indicou que “cada ano melloramos a calidade e a cantidade dos concertos do festival, obtendo unha ampla variedade en xéneros e autores”. Resaltou que “se conseguiu poñer o festival entre os mellores do noroeste de España, tendo presenza na prensa especializada con moi boas críticas”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova