Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre as plicas presentadas a seis obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local


# Luns, 30/03/2009
Abríronse as ofertas para a construcción da Escola Infantil de San Fiz, a renovación da cuberta da Casa Consistorial ou a urbanización do contorno do Anxo Carro, entre outros

Imaxe Asociada

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo abriu as plicas presentadas para a execución de seis obras incluídas nos proxectos subvencionados polo Fondo Estatal de Investimento Local do 2009.

Para a construción da Escola Infantil Municipal no barrio de San Fiz o Concello recibiu a oferta de nove empresas. Esta obra conta cun orzamento de 730.800 euros e un prazo de execución de oito meses.

En canto a contratación das obras de reurbanización da rúa da Industria Fase I, que conta cun orzamento de 630.330 euros e un prazo de execución de seis meses,  presentáronse seis ofertas.

Foron seis, tamén, as empresas que presentaron as súas plicas para realizar as obras de pavimentación de viais no Cemiterio Municipal de San Froilán, que conta cun orzamento de 300.000 euros e un prazo de execución de seis meses.

A  Contratación das obras de renovación de cuberta Casa Consistorial contou coa oferta de tres empresas. O prezo máximo do contrato para a execución desta obra é de 487.832 euros, e un prazo de execución de oito meses.

Por último a Mesa de Contratación abriu as plicas das seis ofertas presentadas para levar a cabo a obra de urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro. Unha obra que conta cun orzamento de 430.500 euros e un prazo de execución de seis meses.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova