Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ofertou máis de 100 prazas de emprego público no que vai de mandato


# Martes, 31/03/2009
Para o ano 2009 ofértanse 39 prazas

Imaxe Asociada

O Voceiro Municipal, José Rábade, anunciou hoxe a nova oferta de emprego público para o ano 2009, negociada coa mesa de negociación do Concello de Lugo e que contou co apoio de UGT, CIG e Candidatura Independente. En total son 45 prazas, delas 39 son para funcionarios e 6 para persoal laboral.

As prazas de funcionario ofertadas son as seguintes:

8 auxiliares administrativos
5 bombeiros conductores
2 técnicos de administración xeral ( grupo A)
1 licenciado en dereito
1 oficial conductor
6 técnicos de xardín de infancia
1 administrativo
1 Intendente (Subescala facultativa)
1 Inspector Principal ( Subescala facultativa)
2 Técnicos de explotacións de sistemas informáticos( Subescala facultativa C1)
2 Técnicos de Medio Ambiente ( Subescala Facultativa)
1 Técnico en obras públicas ( subescala facultativa)
4 axentes de mobilidade
1 Técnico de Tráfico
1 Policia Local
2 Inspectores (reclasificación)

Estas 15 últimas prazas forman parte do proceso de restructuración da Policía Local e faranse, tal e como recolle a lei a través  de  acceso libre entre todos os Policías Locais da Comunidade Galega e dúas prazas a través de promoción interna.

A reestructuración permite que as prazas de 2 Técnicos de explotacións de sistemas informáticos, 2 Técnicos de Medio Ambiente, 1 Técnico en obras públicas, 1 Técnico de Tráfico e 1 Policía Local, saian a concurso nos anos 2010 e 2011, coincidindo cos prazos para a implantación total da reestructuración.

 

Este acordo, que foi a Pleno no mes de decembro, inclúe a reestructuración, reclasificación e creación da Axencia de Mobilidade, e contou co apoio plenario do BNG, e da CIG, UXT e da Candidatura Independente e a abstención de AFI na Mesa de Negociación do mes de setembro de 2008.

Supón a adaptación deste corpo, á Lei de Coordenación de Policías Locais de Galicia que implica que os policías que actualmente son grupo D na administración, pasan a grupo C sendo obrigatorio que teñan o título de Bacaharel Superior.

Este acordo adoptado coa maioría dos sindicatos e dos membros da Corporación establece a integración dos Auxiliares de Policía no corpo de Policía Local e recolle a reestructuración da policía tendo en conta o modelo presentado aos sindicatos hai máis dun ano e que inclúe a figura de Axente de Mobilidade.

O novo organigrama, fixa unha Dirección Xeral de Policía e Seguridade, unha xefatura do corpo, 1 intendencia facultativa -Intendencia de Prevención de Conductas Asociais, Planificacións, Innovación e Formación- e unha Inspección Principal de Calidade .Por outra banda estructúrase o corpo nunha división descentralizada, unha de coordenación e unha centralizada, que marcan o operativo que se desenvolverá na policía.

O obxectivo desta reestructuración que conta xa con datos moi positivos de funcionamento, é tratar de dar resposta ás novas necesidades que se plantexan na sociedade.

O responsable de Protección da Comunidade, recordou que neste momento a Policía conta xa cunha suba dun punto no complemento de destino, que lles permite pasar a cobrar o nivel 17. É dicir, incrementaron en 83 euros o seu soldo pasando a cobrar os que fan turno de día 1.694,07 euros, e os que fan turnos de noite 1.809,29 euros.

Nesta Mesa de Negociación tamén se aprobou a oferta de 6 prazas de operarios para persoal laboral.

No ano 2008 a oferta pública de emprego aprobada incluía 77 postos, 64 prazas para funcionarios e 13 de persoal laboral, o que supón 122 novas prazas en menos de dous anos de mandato.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova