A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muler e Benestar Social, Carmen Basadre, presentaron a segunda fase do programa de emprego Lugo Contigo dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o seu índice de desemprego.
Trátase dun plan experimental de emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia con 72.400 euros e que está realizado en colaboración coas diferentes asociacións de Lugo: ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, SINDROME DE DOWN, FEAFES…
A Concelleira de Economía explicou que “un total de 52 persoas, son as beneficiarias deste proxecto”. A execución do programa, lévase a cabo en dúas fases: a primeira contou cunha participación de 27 persoas, que acaba de rematar, e a segunda con outras 27persoas.
O obxectivo deste programa é levar a acabo itinerarios persoalizados de emprego co fin de acadar a inserción laboral: orientación laboral, tutorías e apoio persoalizado. Os beneficiarios teñen a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardiñería, limpeza, servizos sociais... As empresas que participan neste programa de emprego comprométense a contratar a un tercio dos participantes como mínimo.
Primeira fase
Na primeira fase realizaron prácticas 3 desempregados con cursos de formación especializada en xardinaría e traballos forestais, 15 desempregados con cursos de formación especializada en xestión de residuos sólidos urbanos e industriais ou limpeza, 9 desempregados con cursos de formación especializada en auxiliar de axuda a domicilio nas seguintes empresas da cidade que no mes de decembro asinaron este acordo co Concello:
- Enfermería de Gestión Sociosanitaria S.L. (Arroupar)
- Urbaser S.A.
- Limpiezas domiciliarias lucenses S.L. (Limpiezas Alameda)
- Calfensa Proyectos S.L.
- Gestión y Técnicas del Agua (Gestagua S.A.)
- Abrite, Centro de día para persoas maiores.
Neste programa participan persoas cunha minusvalía reconocida de, ao menos, un 33% e que figuren inscritas como demandantes de empreo no Servizo Público de Emprego.
A Concelleira de Economía sinalou que os empresarios teñen que aproveitar as fórmulas para promover a integración laboral das persoas con discapacidade, que van dende as bonificacións por contratación ata as subvencións para adaptacións e axustes no posto de traballo.
BENEFICIARIOS FINAIS
CRITERIO PARTICIPACIÓN |
HOMBRES |
MUJERES |
TOTAL |
PERSOAS CON DISCAPACIDADE |
11 |
11 |
22 |
INMIGRANTES |
1 |
1 |
2 |
DESEMPREGADO EN XERAL |
|
3 |
3 |
TOTAL |
12 |
15 |
27 |
PERSOAS CONTRATADAS
CRITERIOS PARTICIPACIÓN |
HOMBRES |
MUJERES |
TOTAL |
PERSOAS CON DISCAPACIDADE |
5 |
1 |
6 |
INMIGRANTE |
0 |
0 |
0 |
DESEMPREGADO EN XERAL |
0 |
3 |
3 |
TOTAL |
5 |
4 |
9 |