Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta a segunda fase do programa de emprego Lugo Contigo


# Martes, 31/03/2009
É un plan experimental de emprego dirixido a persoas que contan con algunha discapacidade

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muler e Benestar Social, Carmen Basadre, presentaron a segunda fase do programa de emprego Lugo Contigo dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o seu  índice de  desemprego.  

Trátase dun plan experimental de emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia con 72.400 euros e que está realizado en colaboración coas diferentes asociacións de Lugo: ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, SINDROME DE DOWN, FEAFES…

A Concelleira de Economía explicou que “un total de 52 persoas, son as beneficiarias deste proxecto”. A execución do programa, lévase a cabo en dúas fases: a primeira contou cunha participación de 27 persoas, que acaba de rematar, e a segunda con outras 27persoas.
O obxectivo deste programa é levar a acabo itinerarios persoalizados de emprego co fin de acadar a inserción laboral: orientación laboral, tutorías e apoio persoalizado. Os beneficiarios teñen a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardiñería, limpeza, servizos sociais... As empresas que participan neste programa de emprego comprométense a contratar a un tercio dos participantes como mínimo.
Primeira fase
Na primeira fase realizaron prácticas 3 desempregados con cursos de formación especializada en xardinaría e traballos forestais, 15 desempregados con cursos de formación especializada en xestión de residuos sólidos urbanos e industriais ou limpeza, 9 desempregados con cursos de formación especializada en auxiliar de axuda a domicilio nas seguintes empresas da cidade que no mes de decembro asinaron este acordo co Concello:
- Enfermería de Gestión Sociosanitaria S.L. (Arroupar)
- Urbaser S.A.
- Limpiezas domiciliarias lucenses S.L. (Limpiezas Alameda)
- Calfensa Proyectos S.L.
- Gestión y Técnicas del Agua (Gestagua S.A.)
- Abrite, Centro de día para persoas maiores.
Neste programa participan persoas cunha minusvalía reconocida de, ao menos, un 33% e que figuren inscritas como demandantes de empreo no Servizo Público de Emprego.
A Concelleira de Economía sinalou que os empresarios teñen que aproveitar as fórmulas para promover a integración laboral das persoas con discapacidade, que van dende as bonificacións por contratación ata as subvencións para adaptacións e axustes no posto de traballo.

BENEFICIARIOS FINAIS

CRITERIO PARTICIPACIÓN

HOMBRES

MUJERES

TOTAL

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

11

11

22

INMIGRANTES

1

1

2

DESEMPREGADO EN XERAL

 

3

3

TOTAL

12

15

27




PERSOAS CONTRATADAS

CRITERIOS PARTICIPACIÓN

HOMBRES

MUJERES

TOTAL

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

5

1

6

INMIGRANTE

0

0

0

DESEMPREGADO EN XERAL

0

3

3

TOTAL

5

4

9




Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova