Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo fixa os prazos para levar a cabo a inspección técnica de edificios segundo a súa antigüidade


# Mércores, 01/04/2009
O Equipo de Goberno estuda unha liña de subvencións para axudar ás persoas propietarias a levar a cabo estas inspeccións obrigatorias

Imaxe Asociada

A Delegada da Área de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, anunciou que xa está publicado no taboleiro de edictos do Concello o censo de edificios coas datas para levar a cabo a inspección técnica de edificios segundo a súa antigüidade.

Novo explicou que a lei obriga aos propietarios de edificios de máis de 30 anos a realizar as correspondentes inspeccións técnicas para garantir a súa propia seguridade e a do resto da cidadanía.

Liñas de axuda

Novo explicou que o Concello está a negociar cos Colexios de Arquitectos e Aparelladores da cidade “co fin de facilitar técnica e economicamente a xestión da realización destas inspeccións”. Ademais, o equipo de Goberno está a estudar a posibilidade de establecer algún tipo de subvención para axudar aos veciños e veciñas con rendas máis baixas a realizar estas inspeccións obrigatorias. Trátase dunha mostra máis do esforzo do Goberno Local para atender á situación de crise actual e manterse ao carón da cidadanía.

As inspeccións técnicas deberán realizarse segundo as seguintes datas:

  • Os edificios anteriores ao ano 1940 deberán realizala entre o ano 2009 e o 2010.
  • Os construídos entre 1941 e o 1951 durante o ano 2010
  • Os construídos entre 1952 e 1965 no ano 2011
  • E os edificios construídos entre 1966 e 1982 deberán facela no ano 2012.

A Delegada de Urbanismo indicou que a partir do ano 2012 deberán pasar esta inspección os edificios que vaian cumprindo 30 anos dende a súa construción ou obra de rehabilitación. Ademais, poderán facelo de forma voluntaria aqueles propietarios dos inmobles que teñen menos de 30 anos.

Este censo dos inmobles do municipio, que recolle preto de 8.800 edificios, poderá consultarse ao longo de dous meses, prazo no que os veciños e veciñas da cidade poderán realizar as modificacións que consideren necesarias.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova