Imprimir

A COMPAÑÍA DE TEATRO DO CAMPUS DE LUGO PARTICIPA O MARTES NA VII MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO CIDADE DE LUGO


13/4/2009

A Compañía de Teatro da USC-Campus de Lugo, dirixida por Xulio Lago, participa este martes 14 na VII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo coa obra "Susie", que xa fora estreada no XV Festival Internacional de Teatro Universitario. A representación será no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

Trátase dunha peza escrita por Carol López, coa que a autora obtivo o premio María Teresa León e na que se lle dá continuidade ao drama "Edmond", esposo de Susie, de David Mamet.

As representacións continuarán o día 18 co grupo de Títeres da USC-Lugo que porá en escena ‘A culpa foi de Mozart’, dirixida por Marcelino de Santiago.

A Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo está organizada polo Concello de Lugo coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer do Colexio Fingoi, e coordinada por Palimoco Teatro.