Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora coa Fundación do Secretario Gitano na formación da búsqueda de emprego a través das novas tecnoloxías


# Luns, 13/04/2009
O Goberno Local pon a disposicón da fundación as instalacións do CEI-NODUS

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Director Territorial da Fundación Secretariado Gitano en Galicia, Santiago González Avión, asinaron un Convenio de Colaboración para impartir actividades de formación nas instalacións do Centro de Empresas e Innovacións.

A Concelleira explicou que o Concello de Lugo, ten como un dos seus obxectivos prioritarios a procura da inserción social e laboral de todos os cidadáns, en especial daqueles que teñen maiores dificultades para a súa incorporación ao mercado de traballo. "Por iso que dende fai xa tempo ven desenvolvendo distintos proxectos para favorecer a inserción laboral de ditos colectivos, ademais de colaborar con todas as asociacións e entidades sociais que traballan pola mellora das oportunidades para as persoas que máis o necesitan".

Méndez lembrou que dende a Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, o Concello está a colaborar desde decembro de 2003 co desenvolvemento do programa de emprego Acceder da a Fundación Secretariado Gitano -entidade social cuxo fin é favorecer o acceso da poboación xitana á formación e ao emprego.

Coa firma deste convenio o Concello de Lugo colaborará coa Fundación no desenvolvemento dun plan experimental: o proxecto Emprega Rom II. Para a posta en marcha das actividades de formación aos beneficiarios deste proxecto, o equipo de Goberno porá a disposición da fundación un aula nas instalacións municipais do CEI-NODUS.

A Concelleira indicou que o Goberno Local desexa abrir as portas do CEI-NODUS a todas as asociacións que traballen pola inserción laboral, sobre todo, dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo.

Pola súa banda, o Director Territorial da Fundación Secretariado Gitano en Galicia agradeceu a colaboración do Concello de Lugo co programa de emprego Acceder nos últimos anos, o que fixo posible a contratación de 233 persoas de etnia xitana por conta allea na cidade. "Unha cifra que supera con creces os obxectivos marcados xa que pretendíamos a contratación de 125 persoas en toda Galicia en 6 anos".

González Avión explicou que esta actividade formativa, que se impartirá nas instalacións municipais, está orientada á búsqueda activa de emprego a través das novas tecnoloxías e na que participarán arredor de 10 persoas.

O curso se desenvolverá ata dende hoxe luns 14 de abril ata o vindeiro venres día 17, en horario de 10:30 a 13:30 horas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova