Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura unha exposición fotográfica sobre a Semana Santa Lucense


# Martes, 14/04/2009
Estará aberta ao público do 14 ao 30 de abril no Centro Social Uxío Novoneyra

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo José López Orozco, inaugurou esta mañá a exposición Hebdomana Sancta do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa. Neste acto, estivo presente tamén o Voceiro Municipal, José Rábade, outros membros da Corporación Municipal e representantes da Xunta de Confrarías de Lugo.

Trátase dunha mostra monotemática sobre a Semana Santa lucense que estará aberta ao público do 14 ao 30 de abril no Centro Social Uxío Novoneyra.

A mostra engloba unha impresionante colección de fotografías sobre a Semana Santa que o artista lucense foi elaborando ao longo dos anos que leva colaborando coa Xunta de Confrarías da cidade e coa Concellería de Cultura e Turismo.

A exposición conta con 50 fotografías de gran formato coas que se pretende refictir a riqueza da Semana Santa de Lugo. O obxectivo é facer unha homenaxe aos elementos que fan único a este festexo gracias a obra do fotógrafo que logrou captar con acerto a beleza, o impacto visual, a plasticidade desta manifestación relixiosa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova