Imprimir

UNS 50 ALUMNOS E ALUMNAS DO COLEXIO MARÍA AUXILIADORA VISITAN A CASA DO CONCELLO


14/4/2009 Os rapaces e trapazas de 2º de Primaria foron recibidos polo Alcalde no Salón de Plenos

Un grupo de cincuenta rapaces e rapazas que cursan 2º de primaria no Colexio María Auxiliadora visitaron esta mañá a Casa do Concello. Os pequenos e pequenas foron recibidos polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, no Salón de Plenos.

Os rapaces e rapazas, de sete anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo Goberno municipal. O Alcalde explicoulles o seu traballo como Alcalde e atendeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces, como as normas para pasear aos cans pola cidade, a toma de decicións dende o Concello ou a historia do edificio sede da Administración Local.

Os alumnos e alumnas do Colexio María Auxiliadora expresaron ao Alcalde a súa preocupación polo coidado do Medio Ambiente e a limpeza da cidade.

A curiosidade dos rapaces quedou satisfeita cando recibiron o agasallo institucional pola súa visita, que consistiu en material escolar