Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e o Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia comprométense a colaborar para estimular o emprego


# Martes, 14/04/2009
O Alcalde de Lugo e o Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia comprométense a colaborar para estimular o emprego

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, mantiveron un encontro para poñer en común as políticas postas en marcha dende o Concello de Lugo e as necesidades que ten na actualidade o empresariado galego que subsiste nun período de crise económica.

López Orozco suliñou que son “os encontros coma este os que xustifican a política”. Ademais aproveitou para explicar que ante a ralentización do traballo que se está a dar en sectores como o da construción, o Concello decidiu este ano como nunca apostar pola obra pública que garante traballo neste eido.

Neste senso salientou que a administración local “é agora cando ten que demostrar que está ao carón da cidadanía e colaborar co empresariado galego para reconducir a actual situación de crise e reducir o seu impacto nas empresas. Neste momento, o obxectivo clave que se marcou este goberno é axilizar as obras e facer outras novas que manteñan a actividade dos sectores que máis están a sufrir a situación económica actual”.

O mandatario lucense lembrou que foi a “Corporación lucense a primeira que puxo en marcha medidas de contención económica, entre as que estiveron a conxelación dos soldos e outras prácticas de aforro que tamén se deixaron ver nos orzamentos municipais, contidos e cun incremento considerable do gasto social, do investimento en políticas de emprego e da obra pública”.

Pola súa banda, o Presidente da CEG referiuse á delicada situación que están a atravesar as empresas galegas e destacou as medidas postas en marcha desde o Concello de Lugo a favor da actividade empresarial. Segundo Fontenla, é necesario que as administracións públicas reforcen o seu compromiso nestes intres de incerteza co tecido productivo.

Por último, fixo mención á celebración, a vindeira semana, dun encontro en Santiago de Compostela onde os principais sectores empresariais da economía galega presentarán as súas propostas para reconducir a actual crise, medidas que se remitirán a continuación ás distintas administracións da comunidade.

No transcurso da xuntanza, o Alcalde tamén se referiu á situación na que se atopan os 79 proxectos que conforman o Fondo Estatal de Investimentos Locais de Lugo e que son un dos grandes impulsores da obra pública no municipio lucense. Neste momento xa están licitadas todas as obras presentadas e a maioría están xa adxudicadas ou contan con todos os trámites precisos para a súa contratación inmediata.

López Orozco lembrou que este Fondo conta con preto de 17 millóns de euros só para o municipio lucense e que o goberno local primou fundamentalmente o número de postos de traballo que poñia en activo cada obra a realizar. “Neste momento, e á falta de varias obras por contratar, xa podemos decir que superamos con creces o obxectivo que nos marcamos no seu momento de dar traballo a máis de 400 persoas en obra pública do Concello. Polo de agora o FEIL lucense da traballo a 633 persoas, e repito, sen ter todas as obras contratadas aínda”.

O estímulo do emprego e a aposta polo empresariado e polo emprendemento son, sen dúbida, dúas das claves coas que traballa este equipo de goberno “tivermos que adaptar as prioridades ás necesidades da xente. É fundamental que un goberno saiba escoitar o que demanda a súa cidadanía, e nós só queremos dar resposta ás súas necesidades”

FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTOS LOCAIS EN LUGO

TOTAL OBRAS ……….…….…….…. 79 obras ……………..…. 16.748.955 EUROS

Actuación Zona Importe Traballadores

LUGO RURAL

Camiño da Estrada 612 A Portomarín a Estrada D.P. Lousada Maceda Santa Cristina e San Román 111.990 EUROS 10
Camiño dende a Estrada D.P. 29-13 ao núcleo de Ribas de Miño Ribas de Miño 28.977 EUROS 9
Camiño dende Coelleira ao núcleo de Piñeiro San Martiño de Piñeiro 35.707 EUROS 9
Camiño dende a estrada D. P. 29-19 a San Martiño de Piñeiro San Xoan do Campo e Piñeiro 79.184 EUROS 10
Camiño dende Raña estrada LU-612 ao límite con Guntín Santiago de Saa 125.390 EUROS 10
Camiño dende Raña a Argonde Santa Marta de Fixós, Saa e San Xoan do Campo 114.817 EUROS 10
Camiño dende estrada D.P. 29-7 a Santa Marta por Reboredo Soñar e Santa Marta de Fixós 98.980 EUROS 10
Camiño dende Raña a Lamas Saa, Bazar e Lamas 239.054 EUROS 30
Camiño dende a estrada N-540 a Monte de Meda Monte de Meda 15.836 EUROS 9
Camiño dende a estrada N-540 a Bazar Calde e Bazar 87.102 EUROS 10
Camiño dende estrada LU-232 a Vilaestevez e estrada D.P. 29-1 San Xoan do Alto 77.204 EUROS 10
Camiño dende estrada D.P. 29-1 A Uceira a Vilar de Poutomillos Poutomillos 27.344 EUROS 8
Camiño dende a estrada 612 en Soñar a estrada N-540 por Esperante Soñar e Esperante 128.922 EUROS 10
Camiño de Toiriz ao Campo da festa en Cima de Vila Santiago de Piugos 68.676 EUROS 10
Camiño da estrada LU-234 a Aez por Maira Camoira 45.496 EUROS 8
Camiño de Outeiro a estrada LU-232 San Salvador de Outeiro 46.089 EUROS 8
Camiño dende O Burgo estrada D.P. 29-1 a Garaloces O Burgo 43.016 EUROS 6
Camiño entre Bóveda e San Pedro de Mera por Recimil e Crecente Santa Eulalia de Bóveda 124.309 EUROS 10
Camiño dende estrada D.P. 29-1 a Igrexa de Bacurín Bacurín 49.467 EUROS 6
Camiño dende estrada LU-232 en Retorta a Torible de Arriba Torible 72.842 EUROS 10
Camiños dende a estrada LU-232 a Marcoi e a Riobo, As Campas e Igrexa parroquial Santa María Alta 75.741 EUROS 7
Camiño dende Milleirós a Igrexa de Meilán Santiago de Meilán 48.950 EUROS 6
Camiño dende núcleo de Bocamaos a estrada LU-234 Bocamaos 70.309 EUROS 10
Camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea Tirimol 143.740 EUROS 6
Camiño dende Fafián a Barcia por Cerracín en Mazoi Pías 104.991 EUROS 7
Camiño dende Barcia a Gándaras de Piñeiro por Talleres Ambla e Piñeiro Mazoi e Muxa 78.536 EUROS 10
Camiño dende o paso elevado autovía a Benade a Santa María de Muxa Santa María de Muxa 173.550 EUROS 10
Camiño dende núcleo de Benade a Piñeiro por Gundín Muxa e Benade 139.401 EUROS 10
Camiño dende a N-640 a Caneda por Pedreda, Outeiro e Alvarello Pedreda 76.993 EUROS 10
Camiño dende a N-640 en Rubiás a C-630 en Bascuas (Vilarvente) Rubiás 312.180 EUROS 30
Camiño dende estrada C-630 a Eirexe por Manzoi Carballido 168.852 EUROS 10
Camiño dende antiga N-VI a Igrexa de Bóveda Coeo 75.888 EUROS 10
Camiño dende paso elevado autovía a Recimil e Iglesia Recimil 99.776 EUROS 10
Camiño dende San Juan de Pena a estrada de Sarria a Baradas San Xoan de Pena 25.132 EUROS 4
Camiño dende estrada de Sarria por Santa Comba a Carretera de Páramo C.P. 29-4 Santa Comba 113.564 EUROS 10
Camiño da Nacional VI á igrexa parroquial San Andrés de Castro 23.017 EUROS 5
Camiño dende a estrada 234, dirección Adai ata o cruce de Amedin San Martín de Ombreiro 40.079 EUROS 5
Camiño dende o cruce de A Vila, ao puente do Río Mera, dirección Vilachá Prógalo 35.159 EUROS 6
Camiño dende a N-640 na Campiña ao paso superior da autovía San Salvadcr de Muxa 45.355 EUROS 6
Camiño dende a estrada 232 en Astariz, á DP 29-1 en Santo San Vicente do Veral 19.046 EUROS 6
Camiño e praza dende o paso inferior da autovia á praza da igrexa parroquial Santa María de Bóveda 52.726 EUROS 6
Camiño e praza dende a N 640 á Igrexa Parroquial e Rego das Dornas Santa María de Teixeiro 16.059 EUROS 6

LUGO HISTÓRICO

Renovación de cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no centro de servizos municipais do excmo. Concello de Lugo Ronda da Muralla 782.066 EUROS
Renovación de elementos de cuberta da casa consistorial Praza Maior 487.832 EUROS
Reurbanización do contorno da sala de exposicións Porta Miñá 212.293 EUROS 5

LUGO SOCIAL

Escola Rural Santa Comba Santa Comba 200.000 EUROS 8
Casa domótica para persoas con discapacidade Montirón-Sanfiz 599.488 EUROS 23
Construción dun edificio destinado á Casa da Xuventude Montirón- Sanfiz 974.400 EUROS
Construción dun edificio destinado a gardería infantil municipal Montirón-Sanfiz 730.800 EUROS
Melloras da instalación eléctrica dos centros escolares (infantil e primaria) públicos 100.000 EUROS 4

LUGO COS BARRIOS

Renovación de saneamento en Carvalho Calero Augas Férreas 159.723 EUROS 7
Pavimentación viarios Cemiterio municipal de San Froilán (I FASE) 300.000 EUROS
Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (treito Ronda Norte - Monte Faro) Albeiros 299.538 EUROS 7
Peonalización do parque de Frigsa - Fase I A Milagrosa 687.000 EUROS
Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro Avenida Ramón Ferreiro 693.993 EUROS
Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I As Gándaras 344.791 EUROS
Pavimentación e servizos na rúa Mallorca A Milagrosa 168.138 EUROS 9
Pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil Paradai 139.451 EUROS 5
Pavimentación de beirarrúas na rúa Aleixandre Bóveda Paradai 129.187 EUROS 6
Reurbanización da rúa da Industria. Fase I O Ceao 630.330 EUROS
Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora Parque Rosalía de Castro 149.794 EUROS 7
Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín A Piringalla 121.791 EUROS 19
Pavimentación e servizos na Rúa Lavandeira (treito Avenida da Coruña - Tunel de Oural) A Piringalla 213.616 EUROS 7
Pavimentación e servizos nas rúas Irmáns Vilar Ponte e Doutor Fleming Avenida Ramón Ferreiro 212.543 EUROS 7
Pavimentación na rúa Tunel de Oural A Piringalla 68.269 EUROS
Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira Sagrado Corazón 113.854 EUROS 8
Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo San Roque 87.416 EUROS 8
Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro - 2ª Fase 430.500 EUROS
Alumeado público na rúa Primavera e adxacentes Fontiñas 231.520 EUROS 5
Abastecemento e saneamento en Galegos Galegos 202.924 EUROS 11
Renovación do saneamento na Estrada da Granxa Augas Férreas 9.626 EUROS 7

LUGO SOSTIBLE

Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Leste á cidade de Lugo: zonas verdes, rotondas e medianas na prolongación da avenida de Infanta Elena, entre Ponte Romai e rúa Monforte Acceso Leste 77.279 EUROS 3
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso ao campus universitario da cidade de Lugo: Rotonda na Avenida Carbalho Calero Acceso ao Campus 6.677 EUROS 3
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Oeste á cidade de Lugo: rotondas e medianas da Avenida de Breogán 58.378 EUROS 3
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Sur á cidade de Lugo: encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi Acceso Sur 6.172 EUROS 3
Adecuación zona verde Costa da Viña. Ampliación do Parque de Marcos Cela Costa da Viña 322.955 EUROS 15
Rexeneración zona verde pública para adaptala a uso lúdico, ornamental e paisaxístico na rúa Miguel de Cervantes Rúa Miguel de Cervantes 37.120 EUROS 4

LUGO DEPORTIVO

Ampliación da piscina cuberta climatizada do parque da Milagrosa A Milagrosa 2.708.546 EUROS 50
Remodelar pistas de tenis do parque da Milagrosa A Milagrosa 161.648 EUROS 6
Construción ximnasio A Milagrosa 329.809 EUROS

TOTAL

16.748.955 EUROS

633

Por outra banda, López Orozco, referiuse tamén á enorme actividade que vive Lugo neste momento. “Temos que ser xustos e lembrar en que situación estaba esta cidade e en que situación se atopa neste momento grazas ao traballo do Goberno de España e da Xunta de Galicia de Touriño. Neste momento Lugo está a recibir máis de 400 millóns de euros para a posta en marcha de importantes infraestruturas. Hai quen esquece esto, pero non é xusto que nestes momentos decidamos non botar a vista atrás”.

Para o Alcalde lucense é agora cando esta cidade pode decir que non vai a unha velocidade diferente ao resto da Comunidade galega “agora estamos achegándonos ao que tiña que ser unha realidade hai moitos anos, pero algúns responsables politicos tiñan outras prioridades. Nunca se investiu tanto na cidade de Lugo como dende o ano 2005”.

Entre as obras ás que se referiu destacou aquelas que implican un maior investimento e repercuten social e economicamente na cidade como son as comunicacións a través da Ronda leste e os accesos á cidade, e, por suposto, o novo Hospital.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova