O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, mantiveron un encontro para poñer en común as políticas postas en marcha dende o Concello de Lugo e as necesidades que ten na actualidade o empresariado galego que subsiste nun período de crise económica.
López Orozco suliñou que son “os encontros coma este os que xustifican a política”. Ademais aproveitou para explicar que ante a ralentización do traballo que se está a dar en sectores como o da construción, o Concello decidiu este ano como nunca apostar pola obra pública que garante traballo neste eido.
Neste senso salientou que a administración local “é agora cando ten que demostrar que está ao carón da cidadanía e colaborar co empresariado galego para reconducir a actual situación de crise e reducir o seu impacto nas empresas. Neste momento, o obxectivo clave que se marcou este goberno é axilizar as obras e facer outras novas que manteñan a actividade dos sectores que máis están a sufrir a situación económica actual”.
O mandatario lucense lembrou que foi a “Corporación lucense a primeira que puxo en marcha medidas de contención económica, entre as que estiveron a conxelación dos soldos e outras prácticas de aforro que tamén se deixaron ver nos orzamentos municipais, contidos e cun incremento considerable do gasto social, do investimento en políticas de emprego e da obra pública”.
Pola súa banda, o Presidente da CEG referiuse á delicada situación que están a atravesar as empresas galegas e destacou as medidas postas en marcha desde o Concello de Lugo a favor da actividade empresarial. Segundo Fontenla, é necesario que as administracións públicas reforcen o seu compromiso nestes intres de incerteza co tecido productivo.
Por último, fixo mención á celebración, a vindeira semana, dun encontro en Santiago de Compostela onde os principais sectores empresariais da economía galega presentarán as súas propostas para reconducir a actual crise, medidas que se remitirán a continuación ás distintas administracións da comunidade.
No transcurso da xuntanza, o Alcalde tamén se referiu á situación na que se atopan os 79 proxectos que conforman o Fondo Estatal de Investimentos Locais de Lugo e que son un dos grandes impulsores da obra pública no municipio lucense. Neste momento xa están licitadas todas as obras presentadas e a maioría están xa adxudicadas ou contan con todos os trámites precisos para a súa contratación inmediata.
López Orozco lembrou que este Fondo conta con preto de 17 millóns de euros só para o municipio lucense e que o goberno local primou fundamentalmente o número de postos de traballo que poñia en activo cada obra a realizar. “Neste momento, e á falta de varias obras por contratar, xa podemos decir que superamos con creces o obxectivo que nos marcamos no seu momento de dar traballo a máis de 400 persoas en obra pública do Concello. Polo de agora o FEIL lucense da traballo a 633 persoas, e repito, sen ter todas as obras contratadas aínda”.
O estímulo do emprego e a aposta polo empresariado e polo emprendemento son, sen dúbida, dúas das claves coas que traballa este equipo de goberno “tivermos que adaptar as prioridades ás necesidades da xente. É fundamental que un goberno saiba escoitar o que demanda a súa cidadanía, e nós só queremos dar resposta ás súas necesidades”
FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTOS LOCAIS EN LUGO | |||
TOTAL OBRAS ……….…….…….…. 79 obras ……………..…. 16.748.955 EUROS | |||
Actuación | Zona | Importe | Traballadores |
LUGO RURAL | |||
Camiño da Estrada 612 A Portomarín a Estrada D.P. Lousada Maceda | Santa Cristina e San Román | 111.990 EUROS | 10 |
Camiño dende a Estrada D.P. 29-13 ao núcleo de Ribas de Miño | Ribas de Miño | 28.977 EUROS | 9 |
Camiño dende Coelleira ao núcleo de Piñeiro | San Martiño de Piñeiro | 35.707 EUROS | 9 |
Camiño dende a estrada D. P. 29-19 a San Martiño de Piñeiro | San Xoan do Campo e Piñeiro | 79.184 EUROS | 10 |
Camiño dende Raña estrada LU-612 ao límite con Guntín | Santiago de Saa | 125.390 EUROS | 10 |
Camiño dende Raña a Argonde | Santa Marta de Fixós, Saa e San Xoan do Campo | 114.817 EUROS | 10 |
Camiño dende estrada D.P. 29-7 a Santa Marta por Reboredo | Soñar e Santa Marta de Fixós | 98.980 EUROS | 10 |
Camiño dende Raña a Lamas | Saa, Bazar e Lamas | 239.054 EUROS | 30 |
Camiño dende a estrada N-540 a Monte de Meda | Monte de Meda | 15.836 EUROS | 9 |
Camiño dende a estrada N-540 a Bazar | Calde e Bazar | 87.102 EUROS | 10 |
Camiño dende estrada LU-232 a Vilaestevez e estrada D.P. 29-1 | San Xoan do Alto | 77.204 EUROS | 10 |
Camiño dende estrada D.P. 29-1 A Uceira a Vilar de Poutomillos | Poutomillos | 27.344 EUROS | 8 |
Camiño dende a estrada 612 en Soñar a estrada N-540 por Esperante | Soñar e Esperante | 128.922 EUROS | 10 |
Camiño de Toiriz ao Campo da festa en Cima de Vila | Santiago de Piugos | 68.676 EUROS | 10 |
Camiño da estrada LU-234 a Aez por Maira | Camoira | 45.496 EUROS | 8 |
Camiño de Outeiro a estrada LU-232 | San Salvador de Outeiro | 46.089 EUROS | 8 |
Camiño dende O Burgo estrada D.P. 29-1 a Garaloces | O Burgo | 43.016 EUROS | 6 |
Camiño entre Bóveda e San Pedro de Mera por Recimil e Crecente | Santa Eulalia de Bóveda | 124.309 EUROS | 10 |
Camiño dende estrada D.P. 29-1 a Igrexa de Bacurín | Bacurín | 49.467 EUROS | 6 |
Camiño dende estrada LU-232 en Retorta a Torible de Arriba | Torible | 72.842 EUROS | 10 |
Camiños dende a estrada LU-232 a Marcoi e a Riobo, As Campas e Igrexa parroquial | Santa María Alta | 75.741 EUROS | 7 |
Camiño dende Milleirós a Igrexa de Meilán | Santiago de Meilán | 48.950 EUROS | 6 |
Camiño dende núcleo de Bocamaos a estrada LU-234 | Bocamaos | 70.309 EUROS | 10 |
Camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea | Tirimol | 143.740 EUROS | 6 |
Camiño dende Fafián a Barcia por Cerracín en Mazoi | Pías | 104.991 EUROS | 7 |
Camiño dende Barcia a Gándaras de Piñeiro por Talleres Ambla e Piñeiro | Mazoi e Muxa | 78.536 EUROS | 10 |
Camiño dende o paso elevado autovía a Benade a Santa María de Muxa | Santa María de Muxa | 173.550 EUROS | 10 |
Camiño dende núcleo de Benade a Piñeiro por Gundín | Muxa e Benade | 139.401 EUROS | 10 |
Camiño dende a N-640 a Caneda por Pedreda, Outeiro e Alvarello | Pedreda | 76.993 EUROS | 10 |
Camiño dende a N-640 en Rubiás a C-630 en Bascuas (Vilarvente) | Rubiás | 312.180 EUROS | 30 |
Camiño dende estrada C-630 a Eirexe por Manzoi | Carballido | 168.852 EUROS | 10 |
Camiño dende antiga N-VI a Igrexa de Bóveda | Coeo | 75.888 EUROS | 10 |
Camiño dende paso elevado autovía a Recimil e Iglesia | Recimil | 99.776 EUROS | 10 |
Camiño dende San Juan de Pena a estrada de Sarria a Baradas | San Xoan de Pena | 25.132 EUROS | 4 |
Camiño dende estrada de Sarria por Santa Comba a Carretera de Páramo C.P. 29-4 | Santa Comba | 113.564 EUROS | 10 |
Camiño da Nacional VI á igrexa parroquial | San Andrés de Castro | 23.017 EUROS | 5 |
Camiño dende a estrada 234, dirección Adai ata o cruce de Amedin | San Martín de Ombreiro | 40.079 EUROS | 5 |
Camiño dende o cruce de A Vila, ao puente do Río Mera, dirección Vilachá | Prógalo | 35.159 EUROS | 6 |
Camiño dende a N-640 na Campiña ao paso superior da autovía | San Salvadcr de Muxa | 45.355 EUROS | 6 |
Camiño dende a estrada 232 en Astariz, á DP 29-1 en Santo | San Vicente do Veral | 19.046 EUROS | 6 |
Camiño e praza dende o paso inferior da autovia á praza da igrexa parroquial | Santa María de Bóveda | 52.726 EUROS | 6 |
Camiño e praza dende a N 640 á Igrexa Parroquial e Rego das Dornas | Santa María de Teixeiro | 16.059 EUROS | 6 |
LUGO HISTÓRICO | |||
Renovación de cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no centro de servizos municipais do excmo. Concello de Lugo | Ronda da Muralla | 782.066 EUROS | |
Renovación de elementos de cuberta da casa consistorial | Praza Maior | 487.832 EUROS | |
Reurbanización do contorno da sala de exposicións Porta Miñá | 212.293 EUROS | 5 | |
LUGO SOCIAL | |||
Escola Rural Santa Comba | Santa Comba | 200.000 EUROS | 8 |
Casa domótica para persoas con discapacidade | Montirón-Sanfiz | 599.488 EUROS | 23 |
Construción dun edificio destinado á Casa da Xuventude | Montirón- Sanfiz | 974.400 EUROS | |
Construción dun edificio destinado a gardería infantil municipal | Montirón-Sanfiz | 730.800 EUROS | |
Melloras da instalación eléctrica dos centros escolares (infantil e primaria) públicos | 100.000 EUROS | 4 | |
LUGO COS BARRIOS | |||
Renovación de saneamento en Carvalho Calero | Augas Férreas | 159.723 EUROS | 7 |
Pavimentación viarios Cemiterio municipal de San Froilán (I FASE) | 300.000 EUROS | ||
Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (treito Ronda Norte - Monte Faro) | Albeiros | 299.538 EUROS | 7 |
Peonalización do parque de Frigsa - Fase I | A Milagrosa | 687.000 EUROS | |
Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro | Avenida Ramón Ferreiro | 693.993 EUROS | |
Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I | As Gándaras | 344.791 EUROS | |
Pavimentación e servizos na rúa Mallorca | A Milagrosa | 168.138 EUROS | 9 |
Pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil | Paradai | 139.451 EUROS | 5 |
Pavimentación de beirarrúas na rúa Aleixandre Bóveda | Paradai | 129.187 EUROS | 6 |
Reurbanización da rúa da Industria. Fase I | O Ceao | 630.330 EUROS | |
Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora | Parque Rosalía de Castro | 149.794 EUROS | 7 |
Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín | A Piringalla | 121.791 EUROS | 19 |
Pavimentación e servizos na Rúa Lavandeira (treito Avenida da Coruña - Tunel de Oural) | A Piringalla | 213.616 EUROS | 7 |
Pavimentación e servizos nas rúas Irmáns Vilar Ponte e Doutor Fleming | Avenida Ramón Ferreiro | 212.543 EUROS | 7 |
Pavimentación na rúa Tunel de Oural | A Piringalla | 68.269 EUROS | |
Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira | Sagrado Corazón | 113.854 EUROS | 8 |
Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo | San Roque | 87.416 EUROS | 8 |
Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro - 2ª Fase | 430.500 EUROS | ||
Alumeado público na rúa Primavera e adxacentes | Fontiñas | 231.520 EUROS | 5 |
Abastecemento e saneamento en Galegos | Galegos | 202.924 EUROS | 11 |
Renovación do saneamento na Estrada da Granxa | Augas Férreas | 9.626 EUROS | 7 |
LUGO SOSTIBLE | |||
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Leste á cidade de Lugo: zonas verdes, rotondas e medianas na prolongación da avenida de Infanta Elena, entre Ponte Romai e rúa Monforte | Acceso Leste | 77.279 EUROS | 3 |
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso ao campus universitario da cidade de Lugo: Rotonda na Avenida Carbalho Calero | Acceso ao Campus | 6.677 EUROS | 3 |
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Oeste á cidade de Lugo: rotondas e medianas da Avenida de Breogán | 58.378 EUROS | 3 | |
Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Sur á cidade de Lugo: encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi | Acceso Sur | 6.172 EUROS | 3 |
Adecuación zona verde Costa da Viña. Ampliación do Parque de Marcos Cela | Costa da Viña | 322.955 EUROS | 15 |
Rexeneración zona verde pública para adaptala a uso lúdico, ornamental e paisaxístico na rúa Miguel de Cervantes | Rúa Miguel de Cervantes | 37.120 EUROS | 4 |
LUGO DEPORTIVO | |||
Ampliación da piscina cuberta climatizada do parque da Milagrosa | A Milagrosa | 2.708.546 EUROS | 50 |
Remodelar pistas de tenis do parque da Milagrosa | A Milagrosa | 161.648 EUROS | 6 |
Construción ximnasio | A Milagrosa | 329.809 EUROS | |
TOTAL |
16.748.955 EUROS |
633 |
Por outra banda, López Orozco, referiuse tamén á enorme actividade que vive Lugo neste momento. “Temos que ser xustos e lembrar en que situación estaba esta cidade e en que situación se atopa neste momento grazas ao traballo do Goberno de España e da Xunta de Galicia de Touriño. Neste momento Lugo está a recibir máis de 400 millóns de euros para a posta en marcha de importantes infraestruturas. Hai quen esquece esto, pero non é xusto que nestes momentos decidamos non botar a vista atrás”.
Para o Alcalde lucense é agora cando esta cidade pode decir que non vai a unha velocidade diferente ao resto da Comunidade galega “agora estamos achegándonos ao que tiña que ser unha realidade hai moitos anos, pero algúns responsables politicos tiñan outras prioridades. Nunca se investiu tanto na cidade de Lugo como dende o ano 2005”.
Entre as obras ás que se referiu destacou aquelas que implican un maior investimento e repercuten social e economicamente na cidade como son as comunicacións a través da Ronda leste e os accesos á cidade, e, por suposto, o novo Hospital.