Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adxudica catro obras do Fondo Estatal de Investimento Local


# Martes, 14/04/2009
Un total de 123 persoas traballarán nelas, 36 serán contratos novos

Imaxe Asociada

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo celebrada hoxe martes 14 de abril aprobou a adxudicación de catro proxectos que forman parte dos 79 incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local.

Para a segunda fase da Urbanización da contorna do Campo de Fútbol Anxo Carro elexiuse a oferta presentada pola empresa Atlantis, que realizará o proxecto por un orzamento de 430.500 euros.

Ademais, ASOGAL foi elexida polos membros da mesa como adxudicataria de dúas das obras: a reurbanización da Rúa da Industria (fase I) por 630.330 euros e a pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro por 693.993 euros.

Para executar as obras de urbanización da Rúa Monte Adairo (fase I) a oferta máis valorada pola Mesa de Contratación foi a presentada por Xestión Ambiental de Contratos cun prezo de 344.791 euros.

Cumprindo cos compromisos acadados polo Equipo de Goberno para o fomento do emprego, nestas adxudicacións primou a creación de postos de traballo. Estas obras contarán cun total de 123 traballadores dos que 36 serán novos contratos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova