Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba a adxudicación provisional da construción dun xardín en Camiño de Romai e dunha área biosaudable en A Milagrosa


# Mércores, 08/04/2009
A Xunta de Goberno aprobou a subministración do mobiliario do Centro de Día e Centro Social de Carril das Hortas

Imaxe Asociada

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a proposta de adxudicación provisional da construción de zona axardiñada do Camiño de Romai (entre números 15 a 25). O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, explicou que a Mesa de Contratación propuxo á mercantil Calfensa Proyectos SL polo importe total de 125.898 euros e un prazo de execución de 2´5 meses por ser a oferta máis vantaxosa no seu conxunto para o Concello.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación provisional da subministración e instalación dunha área biosaudable para xente maior no parque da Milagrosa á empresa Lappset España VR, SL por un importe de 27.622,81 euros.

Na área de contratación tamén se aprobou a subministración e instalación de diverso mobiliario para a posta en funcionamento do Centro de Día e Centro Social ubicado na rúa Carril das Hortas. Este contrato engloba dous lotes:

  • Lote 1: Mobiliario do Centro de Día, a El Corte Inglés por un importe de 39.731 euros, cunhas melloras valoradas en 1.966 euros.
  • Lote 2.- Mobiliario para o Centro Social, adxudicouse a KL 1 Mobiliario de Oficina SL por un importe de 139.208 euros, e unhas melloras valoradas en 25.000 euros

Por outra banda, nesta xuntanza aprobouse a adxudicación á empresa Her-Vei do servizo de transporte de nenos e nenas dende o Carqueixo ata as escolas infantís da cidade de Lugo. A contratación proponse por un importe de 22.099 euros, sendo o prezo por servizo e día de 90´95 euros.

Planeamento

Pola súa banda, a Delegada de Urbanismo, María Novo, explicou que a Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de reparcelamento do Polígono número 2 da modificación puntual do PXOU na zona de Paradai. A Delegada explicou que “se trata do único polígono que quedaba pendente no proxecto de parcelamento”.

Tamén se aprobaron inicialmente tres estudos de detalle que, segundo Novo, o fundamento deles é o mesmo: “En aplicación do artigo 73 da LOUGA hai determinadas situacións urbanísticas nas que se fai necesario un estudo de detalle, ademais no artigo 92 interpreta que cando temos que unir dous previos é necesario facer un estudo de detalle”. En cumprimento destos artigos o Concello aprobou inicialmente os estudos de detalle relativos á Ronda da Muralla 74-75; Ronda da Muralla 76-77 e da rúa Armanyá 33-35. A Delegada indicou que todos eles están en zona PEPRI, non hai modificacións respecto aos parámetros que establece o plan e teñen un informe previo favorable de Cultura, despois desta aprobación publicarase polo prazo de 20 días para facer alegacións e a aprobación definitiva será competencia do Pleno”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova