Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación provisional de seis novas obras do Fondo Estatal de Investimentos Locais


# Mércores, 08/04/2009
Sesenta persoas traballarán nestas obras, que supoñen melloras nos viarios de acceso a sete parroquias do rural do concello de Lugo

O BOP de hoxe, 8 de abril de 2009, publica a adxudicación provisional de seis novas actuacións que se levarán a cabo na zona rural do municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

As obras que se adxudican de xeito provisional son:

  • Mellora do camiño dende a antiga N-VI ao núcleo de San Vicente, na parroquia de Coeo. Esta obra adxudícase á empresa “Excavaciones R. Lago” e conta cun investimento de 75.888 euros.
  • Mellora do camiño dende a Nacional 640 a Canedo por Pedreda, Outeiro e Alvarello, na parroquia de Pedreda. A empresa adxudicataria desta obra, que ten un importe de 76.993 euros, é “Hermanos Pico Yáñez”.
  • Mellora do camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea, na parroquia de Tirimol. Esta obra conta cun investimento de 143.740 euros e adxudícase á empresa “Asogal Construcciones”.
  • Mellora do camiño de Barcia a Gándaras de Piñeiro por talleres Ambla e Piñeiro, nas parroquias de Mazoi e Muxa. A obra supón un investimento de 78.536 euros e adxudícase á empresa “Hermanos Pico Yáñez”.
  • Mellora do camiño de Fafián a Barcia por Cerracín en Mazoi, na parroquia de Pías. A empresa “Excavaciones R. Lago é a adxudicataria desta obra, que ten un importe de 104.991 euros.
  • Mellora do camiño dende o paso elevado da autovía a Recimil e a igrexa desta parroquia lucense. Esta obra, que supón un investimento de 99.776 euros, adxudícase tamén á empresa “Excavaciones R. Lago”.

Estas seis obras que se veñen de adxudicar de xeito provisional, e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia, suporán actuacións en camiños que comunican núcleos de poboación de sete parroquias da zona rural do municipio, e permiten que preto de 60 persoas máis se incorporen a traballar en obra pública do Concello de Lugo nos vindeiros días.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova