Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe ao Exército de Terra que participa na procesión do Bon Xesús e do Nazareno


# Mércores, 08/04/2009
O Coronel Comandante Militar de Lugo preside por vez primeira esta celebración

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Fotografía de Martes Santo 2009
  • Fotografía de Martes Santo 2009
  • Fotografía de Martes Santo 2009
  • Fotografía de Martes Santo 2009
  • Fotografía de Martes Santo 2009

Un ano máis os membros da Corporación Municipal recibiron no Concello ao Exército de Terra que como cada ano participa na procesión do Bon Xesús e do Nazareno da Semana Santa lucense.

Para comezar os actos deste Martes Santo, unha unidade da Brilat Galicia VII procedente de Figueirido e integrada por unhas 45 persoas, formou diante da Casa do Concello. Un pouco máis tarde o xefe ao mando, o Coronel Comandante Militar de Lugo, José Ferreiro Fernández, saudou á Corporación e pasou revista ás tropas.

Posteriormente o Coronel Comandante Militar de orixe lucense asinou por vez primeira no libro de honra do Concello e tivo lugar o intercambio de agasallos institucionais no despacho de Alcaldía. O Voceiro Municipal, José Rábade, en nome da Corporación lucense fixo entrega dun libro da Muralla de Lugo en sinal de agradecemento pola visita xa tradicional do Exército de Terra a esta procesión.

Na súa sinatura o Coronel Comandante Militar afirmou: “Es un honor para mí, como lucense y católico, agradecer en nombre del Ejército de Tierra al Excelentísimo Ayuntamiento de esta ciudad la deferencia de presidir esta modélica y emotiva celebración religiosa del Buen Jesús. A Nuestro Señor le pido que proteja a todos los componentes de las Fuerzas Armadas que en este momento se encuentran en lejanas tierras cumpliendo con la difícil tarea de mantener la paz mundial”.

Un pouco máis tarde as autoridades integrantes da comitiva saíron do Concello para incorporarse á procesión. A marcha comezou dende o Adro da Catedral, Pío XII, Bon Xesús, Praza de Santa María, Conde de Pallares, Armanyá, Santo Domingo, Raíña, Concello, Praza Maior, Clérigos e Praza Pío XII.

Como cada ano ao paso da carroza por diante do Concello a cantante lucense Alba Mesa interpretou unha saeta na honra de Xesús Nazareno.

Pecharon os actos deste Martes Santo os rezos , unha vez rematada a procesión, no altar do Bon Xesús.

O Mércores Santo continuarán os actos relixiosos e culturais incluídos na Semana Santa da cidade de Lugo. Ás 11:00 haberá unha Misa Crismal na catedral e pola tarde, a partir das 20:30, comezará a Procesión do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade e Via Crucis Penitencial, dende a Catedral.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova