Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra un ano máis a Quincena da arte e a literatura infantil


# Mércores, 15/04/2009
As actividades terán lugar ata finais de mes

Imaxe Asociada

A Concellería de Educación, que dirixe de María Dolores Vieiro, está a levar a cabo durante o mes de abril un completo programa de animación á lectura para rapaces de educación infantil ata bacharelato.

Trátase dunha serie de actividades que se están a desenvolver dende principios de abril e que se alongarán ata finais de mes. O inicio desta campaña coincidiu coa celebración do día Día Internacional do Libro Infantil e terá outra data sinalada: o 23 do mesmo mes do Día Mundial do Libro. O Concello pretende con esta iniciativa achegar aos nenos e nenas á lectura como medio de información e para o tempo de lecer. Así, os centros de Infantil e Primaria do Concello, así como de Secundaria participaron na Semana da Oralidade.

O pasado luns 13 de abril arrincaba a quincena da Arte e a Literatura Infantil, Contarte que se desenvolverá ata o día 30, organizada pola Concellería de Educación e a editorial OQO. Conta como referencia co Caderno de Animalista de Antón Fortes e Mauricio A..C. Quarello sobre os que se organizarán obradoiros para escolares de 4º a 6º de primaria. Ademais será o tema central da conferencia obradoiro que terá lugar mañá xoves 16 de abril na Facultade de Humanidades a partir das 16:00 horas e na que estará o autor do libro.

Tamén na xornada de mañá haberá unha conferencia impartida pola escritora Eva Mejuto Rial , sobre Qué nos din as imaxes? Ler álbums ilustrados na escola . Nesta conferencia analizarase o diálogo que se establece entre o texto e a imaxe que ofrece posibilidades dunha lectura rica e estimulante para os primeiros lectores. Achégaos á arte, a atopar novos detalles con cada lectura, descubrir outras historias dentro da historia…Os álbums ofrecen unha nova forma de ler e de traballar o conto na aula, desenvolvendo a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos. Esta conferencia terá lugar a partir das 12.00 horas na Escola de Maxisterio.

Por outra banda, ata o día 26 deste mes terá lugar a exposición Contos de Nunca Acabar, unha mostra que amosa as ilustracións das distintas obras que conforman as actividades de Contarte 09.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova