Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Iniciada a contratación da nova ponte sobre o río Miño de Lugo


# Xoves, 16/04/2009
O Ministerio de Fomento licitou a construción da nova ponte e dos viais para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Esta nova ponte é para López Orozco a sinal de identidade da modernización que está a experimentar Lugo.

O presuposto de licitación é de 21.453.987 euros.

O Ministro de Fomento, José Blanco, cumpre con esta licitación un dos principais compromisos adquiridos coa cidadanía lucense

O BOE de hoxe, día 16 de abril, fai pública a licitación, por parte do Ministerio de Fomento, do proxecto da nova ponte sobre Río Miño, que permitirá mellorar os accesos e saídas do casco urbano dende o Oeste da cidade, substituíndo nesta función á antiga ponte romana, que soporta altas intensidades de tráfico.

O proxecto licitado inclúe tamén os viais necesarios para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo. Por unha parte, coa estrada de Portomarín LU-612, á altura do nacemento do Regato Chousa da Fonte; e por outra parte, coa antiga estrada de Santiago, a actual N-543, á altura do acceso ao Policlínico Lucense e que dá acceso ao barrio da Ponte. Estas conexións abren novas saídas dende a capital lucense hacia a futura autovía A-54 dende Lugo a Santiago.

Con esta licitación, que conta cun orzamento de 21.453.987 euros, -ao que haberá que sumar as expropiacións- demóstrase o compromiso adquirido polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e do seu Ministro de Fomento, José Blanco, coa cidade de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, dixo estar “emocionado e feliz” con esta nova. “Son moitas as xestións que levo feito para facer este novo Lugo que temos que construir entre todos, a nova ponte é unha necesidade básica”.

O mandatario lucense espera “que todos os lucenses estén hoxes tan felices coma min. A nova ponte sobre o río Miño vai servir non só aos veciños da zona urbana senón tamén da rural. Aos veciños de Piugos, Soñar, Santiago de Saa, San Xoan do Campo, Santa Marta de Fixós, Coeses, Santa Cristina de San Román, Piñeiro, San Mamede de Ribas de Miño.. vanse beneficiar desta nova ponte”. Para López Orozco, será “o sinal de identidade da modernidade que está a vivir Lugo”.

Características da nova ponte

A nova ponte de Lugo situarase a uns 600 metros ao sur do Balneario. A súa construción ten por obxectivo acadar a máxima integración ambiental e urbana na contorna do río Miño ao seu paso pola capital, e mellorar a permeabilidade e mobilidade entre ámbalas dúas marxes.

A ponte será metálica e terá unha lonxitude de 195 metros, con dous tramos diferenciados: un de 95 metros de lonxitude sobre o río, cunha tipoloxía estructural de arco parabólico con tableiro inferior, e outro, de 100 metros, que é un viaducto de acceso á ponte arco, cun esquema estrutural tipo viga-caixón con dous vans de 50 metros de luz, que buscan minimizar a ocupación dos terreos na ladeira dereita do río, permitindo a máxima permeabilidade nesta zona. Estéticamente a imaxe exterior do tableiro é a mesma nos 195 metros de lonxitude da ponte.

O novo viaducto terá dúas calzadas separadas por unha mediana, cun ancho total de 24,10 metros, beirarrúas námbalas dúas marxes e ata unha zona onde se ubicará unha alineación de bancos. A ponte atravesa o río Miño para conectar as dúas ladeiras e, en cada un dos seus extremos, construiranse senllas glorietas.

O proxecto que se ven de licitar inclúe tamén os viais que conectan a circunvalación da N-VI coa estrada de Portomarín (LU-612) e coa estrada vella de Santiago (N-543).

O enlace coa estrada N-VI resolveuse cun enlace de tipoloxía diamante cunha glorieta superior conectada mediante catro ramais coa estrada nacional.

Os ramais da beira do río estarán dotados de beirarrúas de 2,10 metros para permitir o acceso dos peóns á ponte dende o Parque do Miño.

No vial de conexión coa LU-612 construirase un viaducto de 108 metros e 4 vans de luz, por motivos medioambientais, para salvar o cauce do Regato Chousa da Fonte, e rematará nunha glorieta en confluencia coa estrada de Portomarín.

No vial de conexión coa N-543 farase un paso inferior para permitir a permeabilidade transversal ás fincas colindantes. Este vial remata nunha intersección en cruz coa antiga estrada de Santiago.

O Boletín Oficial do Estado recolle que se podem presentar plicas ata as 11:00 horas do 27 de maio de 2009 e os días 2 e 3 de xuño é o levantamento das actas previas da expropiación precisa para facer a nova ponte


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova